Ermelo, Bueu

parroquia civil do concello de Bueu

Santiago de Ermelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bueu. Segundo o IGE en 2013 tiña 73 habitantes (36 mulleres e 37 homes) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 92 habitantes.

Ermelo
Igrexa de Santiago de Ermelo.
ConcelloBueu[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°18′10″N 8°45′58″O / 42.30290564, -8.76615197
Poboación73 hab. (2013)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

Na parroquia atopábase o mosteiro de Santiago de Ermelo[2]. Na igrexa parroquial consérvase unha lápida cunha inscrición, na actualidade partida en dúas pezas, colocadas sobre repisas metálicas aos lados da capela maior. O texto da inscrición menciona a reedificación do templo en 1104.

O texto foi estudado por Miguel Romaní Martínez (da USC), Pablo Otero Piñeyro Maseda e Ángeles Alvariño (do Instituto Padre Sarmiento do CSIC), e é unha das tres únicas inscricións en pedra referentes ao arcebispo de Compostela Diego Xelmírez, xunto cunha en Padrón, datada en 1133 (que non o cita explicitamente) e outra en Alba (Pontevedra), onde se le: «...Didacus Compostellanus Eps...» («Diego, bispo compostelán...»), malia que está moi gastada.

O pai Sarmiento xa se refire á lápida en 1745, xa daquela en dúas pedras separadas, pero non estudada a fondo por falta de tempo e as dificultadas á hora de examinala.

O texto, segundo os investigadores, podería ser traducido como: «Téñase por seguro que esta igrexa de Santiago Apóstolo foi restaurada na súa totalidade, tal e como agora está, en tempos dos abades Fernando e Arias Savariz. Reinando en Toledo o Emperador Afonso, [sendo] Raimundo [de Borgoña, conde] en terras de Galicia; [sendo] bispo [de Compostela] Diego Segundo [Xelmírez]. Era 1142 [ano 1104]. [O Mestre] Fernando edificou [esta igrexa]».

Pola feitura da inscrición, os investigadores apuntan a que sería un monxe coñecedor da documentación da súa época, escrita en caracteres visigóticos.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ermelo

editar
Lugares da parroquia de Ermelo no concello de Bueu (Pontevedra)

Ermelo

Parroquias de Bueu

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu

Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Bueu (San Martiño de Fóra)| Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín)

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. "O rastro epigráfico de Xelmírez" artigo en La Voz de Galicia, 27 de xullo de 2009

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar