Alba, Pontevedra
Santa María de Alba é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 707 habitantes (339 homes e 368 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un progresivo descenso en relación ao ano 2010 cando tiña 825 habitantes; ao ano 2008, con 850; e ao ano 2004, cando eran 865 veciños.
Alba | |
---|---|
Camiño Portugués ó seu paso por Alba | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°28′00″N 8°38′45″O / 42.466666666667, -8.6458333333333 |
Poboación | 707 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ata 1868, data de adhesión ó concello de Pontevedra, era un concello de seu, abranguendo tamén as parroquias de Verducido, Cerponzóns e Lérez.
Lugares de interese
editarNesta parroquia está a Xunqueira de Alba, de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Na zona norte aprécianse bosques de ribeira e prados, sobre todo na desembocadura do río Rons.
Pola parroquia pasaba a vía XIX romana, e aquí atopouse un miliario dedicado ó emperador Caracalla. Como zona de paso da vía portuguesa do Camiño de Santiago, o lugar de Guxilde albergou gran cantidade de peregrinos, como a raíña de Portugal, dona Isabel, quen no ano 1325 peregrinaba a Compostela para pregar polo seu defunto marido.
A igrexa parroquial de Santa María, situada no lugar de Touceda [3], é de estilo neoclásico-barroco, construída en 1595 por mandato do bispo Xoán de San Clemente, sendo o mestre de obra Mateo López. O anterior templo fora consagrado por Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquirira a propiedade do templo. Ao seu carón está a casa reitoral, de estilo barroco.
Na parroquia hai outros templos menores, como a capela de san Caetano (s. XVIII), e a capela da Devesa (s. XIX). Alba acolle numerosos cruceiros, un deles recollido na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao.
A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María) e tamén é festa do Santísimo o segundo domingo despois do Corpus Christi.
Galería de imaxes
editar-
Capela de San Caetano
-
Detalle da fachada
-
Santiago apóstolo, como peregrino, no varal dun cruceiro
Lugares e parroquias
editarLugares de Alba
editarLugares da parroquia de Alba no concello de Pontevedra | |
---|---|
A Devesa | Guxilde | Lampreeira | Pontecabras | Reariz | San Caetano | Touceda |
Parroquias de Pontevedra
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Turgalicia.es.