Juan de Sanclemente
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Juan de Sanclemente Torquemada, nado en Córdoba o 19 de outubro de 1534 e finado en Santiago o 20 de abril de 1602, foi bispo da diocese de Ourense entre os anos 1578 e 1594 e arcebispo de Santiago desde 1587 a 1602.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1534 Córdoba |
Morte | 20 de abril de 1602 (67 anos) Santiago de Compostela |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
27 de xullo de 1587 – 20 de abril de 1602 ← Alonso Velázquez (pt) – Maximiliano de Austria → | |
Bispo de Ourense | |
7 de xullo de 1578 – 27 de xullo de 1587 Diocese: diocese de Ourense | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | relixioso |
Lingua | Lingua castelá |
Consagración | Francisco Blanco Salcedo |
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Alcalá e en 1569 era maxistral da catedral de Badaxoz, desde onde foi proposto para ocupar o bispado de Ourense en 1578. Anos despois, en 1587, o arcebispo de Santiago Alonso Velázquez renunciou á sé compostelá por enfermidade e propuxo a Sanclemente para ocupar a vacante. Tomou posesión en outubro dese ano co nome de Xoán V.
Entre as moitas obras que mandou realizar en Santiago pódense citar a reparación da muralla da cidade, a da ábsida de Santa Susana e a urbanización da praza do Paraíso (actual praza da fachada da Acibechería).
En 1589 ordenou esconder as reliquias (entre as que se atopaban as do Apóstolo) e outros obxectos artísticos e vestidos litúrxicos, ante o temor ás incursións de piratas ingleses, especialmente de Francis Drake que ameazara Compostela tras desembarcar na Coruña. As reliquias foron retiradas do seu lugar de culto e soterradas no solo da ábsida do templo ó lado da capela maior. Co tempo, perdeuse a memoria do lugar onde as agochou e non foron redescubertas ata xaneiro do ano 1879, durante as escavacións dirixidas por López Ferreiro.
Unha irmá de Sanclemente está enterrada na capela de san Xoán (antes, de santa Susana) da catedral compostelá.
En 1602 fundou o Colexio de San Clemente, no Parque da Ferradura de Santiago de Compostela.
Xa nos últimos anos da súa vida conseguiu que o cabido catedralicio aprobase a demolición do coro pétreo do mestre Mateu construído na catedral de Santiago en 1200 e a súa substitución por outro, tallado en madeira, que encargou ós escultores Xoán Davila e Gregorio Español. O coro do mestre Mateu foi desmontado entre 1603 e 1604.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Fernando Tricio Arenzana |
Bispo de Ourense 1578 - 1594 |
Sucesor: Pedro González Acevedo |
Predecesor: Alonso Velázquez |
Arcebispo de Santiago 1587 - 1602 |
Sucesor: Maximiliano de Austria |