Alcalá de Henares
Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.
Alcalá de Henares | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||
| ||||||
Localización | ||||||
![]() | ||||||
País | ![]() | |||||
Comunidade autónoma | ![]() | |||||
Provincia | Madrid | |||||
Xeografía | ||||||
Altitude | 654 msnm | |||||
Superficie | 88 km² | |||||
Demografía | ||||||
Poboación | 201.380 (INE 2006) | |||||
Densidade | 2288,41 | |||||
Xentilicio | Alcalaíno/a | |||||
Outros datos | ||||||
Código postal | 28801 a 28807 | |||||
Alcalde | Javier Bello (PP) | |||||
www.ayto-alcaladehenares.es |
O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor do Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.
A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.
Historia editar
As orixes da cidade de Alcalá de Henares remóntanse a época prehistórica cuxo asentamento estaba nas elevacións que se coñece como cerro de Zulema ou cerro do Viso, que máis tarde tomaría o nome de San Juan del Viso por unha antiga ermida dedicada a san Xoán Bautista. Os romanos preferiron formar a súa cidade en terreo chairo e así naceu Complutum. Os musulmáns construíron un enclave de defensa, o que máis tarde se coñeceu como Al-Qalat-Nahar ("O castelo do Henares"). Coa Reconquista cristiá, a zona de Complutum trasladou a súa localización definitiva ao redor do que é hoxe a Catedral Maxistral.
Universidade e Recinto Histórico de Alcalá de Henares | |
---|---|
Praza de Cervantes. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Criterios | Criterios |
Inscrición | 1998 (22ª sesión) |
Identificador | {{{ID}}} |
| Rexión = Europa e América do Norte | Tipo = Cultural | Criterios = II, IV, VI | ID = 876 }}
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcalá de Henares |
Ligazóns externas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alcalá de Henares |