Abrir o menú principal

Coordenadas: 40°33′53″N 3°16′5″O / 40.56472, -3.26806

Azuqueca de Henares
Escudo Azuqueca de Henares.svg
Azuqueca-Ayuntamiento-01.jpg
A casa do Concello de Azuqueca de Henares
Localización
Azuqueca de Henares en España
Azuqueca de Henares
Azuqueca de Henares
Azuqueca de Henares en Castela-A Mancha
Azuqueca de Henares
Azuqueca de Henares
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaGuadalaxara
ComarcaCampiña do Henares
Xeografía
Altitude627 msnm
Superficie19,68 km²
Demografía
Poboación35 335 hab. (2014)
Densidade1795,48 hab/km²
XentilicioAzudense
Outros datos
Código postal19200
AlcaldeJosé Luis Blanco (PSOE)
Páxina oficial

Azuqueca de Henares é unha cidade de Castela-A Mancha, pertencente á provincia de Guadalaxara. Na provincia, é o segundo en importancia, tras a capital, por poboación e desenvolvemento socioeconómico. Atópase situado no eixo industrial do Corredor do Henares, o que lle reportou un gran desenvolvemento.

HistoriaEditar

EtimoloxíaEditar

Do árabe al-zuqayqa, que quer dicir corredoira ou pequena travesía, dando así, a entender a situación dunha aldea no paso do antigo camiño romano de Mérida a Zaragoza, o camiño que unía Toledo co nordés da península Ibérica e, posteriormente, da cañada real Galiana.[1]. Tamén, o nome do lugar podería vir dado do árabe azouque, cuxo significado sería mercadillo, aínda que non hai certa constancia de que Azuqueca albergase nunca unha tradición comerciante.[2]

IndustrialEditar

Sobre 90.000 metros cadrados, na zona industrial de Azuqueca, álzase a planta de Saint-Gobain Isover España,inaugurada en 1963, na que máis de 250 traballadores desenvolven o seu labor para producir ata 70.000 toneladas anuais de minerais. Aproximadamente outros 260 traballadores da compañía Verallia, dedicados á fabricación de envases de vidro, resultando unha capacidade de fusión superior a 20 toneladas por día, incluída a fibra de vidro e unha facturación superior aos 100 millóns de euros anuais.

A política de medio ambiente e saúde laboral implantada por Isover responde á preocupación do Grupo Saint-Gobain para a protección do home e do medio ambiente. como un obxectivo fundamental da súa actividade.

NotasEditar

  1. CELDRÁN, Pancracio. Dicionario de topónimos españoles y sus gentilicios. Espasa Calpe. Madrid, 2002. ISBN 84-670-0146-1
  2. VALDIVIELSO, Pedro A. La involución histórica de una ciudad moderna. Ed. Ayuntamiento de Azuqueca de Henares.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar