Guadalaxara, España

Coordenadas: 40°37′59″N 3°10′0″O / 40.63306, -3.16667

Guadalaxara[1] (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.

Guadalaxara
Guadalajara
Patio do Palacio de Antonio de Mendoza.
Detalle da fachada do palacio do Infantado. Cripta de San Francisco.
Fundación San Diego de Alcalá.
Cidade de Guadalaxara.
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaGuadalaxara
ComarcaLa Alcarría e La Campiña do Henares
Xeografía
Altitude685 msnm
Superficie235,51 km²
Demografía
Poboación87.452 hab. (2022)
Densidade319,89 hab/km²
XentilicioGuadalaxareño, arriacense e caracense
Outros datos
Código postal19001-2-3-4-5
AlcaldeAntonio Román (PP)
www.guadalajara.es

O seu censo municipal é de 87.452 habitantes (INE 2022) e a área do seu concello abrangue 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de proximidades con Madrid.

Étimo do topónimo e historia Editar

Guadalaxara identifícase coa localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (en árabe وادي الحجارة), que significa "río de pedras".

A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia, a súa proximidade a Madrid convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.

Monumentos Editar

Notas Editar

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.