Diocese católica latina de Ourense
A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet[1].
Dioecesis Auriensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 278.723 (2019) (52,78 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá lingua galega | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.281 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | século V | ||||
Catedral | catedral de Ourense | ||||
Sitio web | obispadodeourense.com | ||||
Xurisdición
editarA diocese comprende a provincia de Ourense agás a comarca de Valdeorras, pertencente á diocese de Astorga. Abrangue 5.281 km², e a súa sé está na cidade de Ourense, na catedral de San Martiño. Reúne 735 parroquias, agrupadas en 28 arciprestados.
Historia
editarMoitos dos seus arciprestados fan referencia a pobos prerromanos, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. A data de creación da diocese é incerta, pero tradicionalmente vénse considerando no ano 433, cando un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo. A primeira datación documentada é no ano 572, cando o bispo Vitimiro participa no Segundo Concilio de Braga. Nese momento a diocese era sufragánea de Lugo.
Trala conquista de Ourense por parte dos árabes no 716 a diocese foi suprimida, restablecéndose no 881. Con todo, non se sabe nada desde o ano 986 até o 31 de xullo de 1071, cando foi restablecida por segunda vez co bispo Edoronio, e como sufragánea da arquidiocese de Braga. Pasou a formar parte da arquidiocese de Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 1120. A catedral foi consagrada o 4 de xullo dese mesmo ano. En 1804 fundouse o seminario diocesano, baixo a advocación do Divino Mestre.
Administrativamente, a parroquia de Lamadarcos foi anexada a Portugal en 1868 coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864. Porén, seguiría baixo o dominio do bispado ourensán até 1882, cando, co obxectivo de facer coincidir os límites civís cos relixiosos, se executou unha bula do ano anterior pola cal era incorporada á arquidiocese de Braga. Nesta mesma bula tamén lle foi desmembrada a freguesía portuguesa de Tourém, que eclesiasticamente sempre pertenceu á diocese galega.[2] Foi precisamente nesta freguesía do país veciño onde, entre 1812 e 1814, se refuxiou o bispo Pedro de Quevedo y Quintano ó se negar a xurar a Constitución española de 1812. O mesmo fixo o seu sucesor, Dámaso Iglesias Lago, durante o Trienio liberal.[3]
En 1893 o bispo Cesáreo Rodrigo, após ter visitado as parroquias diocesanas todas, levou a cabo unha das máis importantes reformas parroquiais da diocese.[4]
Malia a bula de 1881, aínda restaban dentro dos límites eclesiásticos de Ourense as partes galegas das poboacións promiscuas de Cambedo e Souteliño da Raia, que tamén foran anexadas a Portugal no devandito tratado de Lisboa. Coa entrada do país portugués en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, Souteliño e Cambedo foron tamén incorporados ó arcebispado bracarense en 1914.[5]
Os límites da diocese volveron ser modificados, nas partes que lindaban con outras dioceses, en outubro de 1954 para facelos coincidir supostamente cos da provincia administrativa. Gañou, procedentes do bispado de Tui-Vigo, doce parroquias do arciprestado de Ribadavia e as de Desteriz e Padrenda; do arcebispado de Santiago de Compostela, as de Beariz, Xirazga e Lebozán; do bispado de Lugo, a de San Pedro de Espiñeira; e procedentes do bispado de Astorga, tres parroquias do enclave de Castro Caldelas e a de San Pedro da Gudiña. No entanto, tamén perdeu seis freguesías na provincia de Lugo e once na de Zamora.[6]
Datos
editarA finais de 2015 había 278.909 bautizados, sobre unha poboación de 284.492 persoas, o 98,1 % do total.
ano | poboación | sacerdotes | diáconos | relixiosos | parroquias | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
bautizados | total | % | total | clero secular |
clero regular |
bautizados por sacerdote |
homes | mulleres | |||
1950 | 408.565 | 410.260 | 99,6 | 572 | 520 | 52 | 714 | 85 | 263 | 684 | |
1970 | 380.335 | 381.061 | 99,8 | 634 | 560 | 74 | 599 | 109 | 504 | 656 | |
1980 | 385.200 | 386.000 | 99,8 | 558 | 480 | 78 | 690 | 124 | 351 | 734 | |
1990 | 316.513 | 317.628 | 99,6 | 482 | 427 | 55 | 656 | 89 | 315 | 737 | |
1999 | 311.715 | 312.450 | 99,8 | 420 | 379 | 41 | 742 | 109 | 358 | 735 | |
2000 | 311.670 | 312.400 | 99,8 | 412 | 372 | 40 | 756 | 117 | 354 | 735 | |
2001 | 310.795 | 311.530 | 99,8 | 404 | 366 | 38 | 769 | 101 | 349 | 735 | |
2002 | 311.652 | 312.400 | 99,8 | 396 | 359 | 37 | 787 | 97 | 346 | 735 | |
2003 | 314.107 | 315.407 | 99,6 | 396 | 360 | 36 | 793 | 97 | 357 | 735 | |
2004 | 314.107 | 315.407 | 99,6 | 393 | 358 | 35 | 799 | 79 | 352 | 735 | |
2013 | 285.506 | 294.746 | 96,9 | 333 | 308 | 25 | 857 | 75 | 318 | 735 | |
2016 | 278.909 | 284.492 | 98,1 | 305 | 266 | 39 | 914 | 85 | 328 | 735 |
Lista de bispos
editarEstes foron os bispos da diocese ao longo da historia:
Bispos primitivos
editar- Vitimiro de Ourense ou Güitimiro (ca. 570)
- Lupato (ca. 589)
- Theodoro (ca. 610)
- David (ca. 633 a 638)
- Gaudisteo (ca. 646 a 650)
- Somna (ca. 653 a 655)
- Alario ou Hilario (ca. 675 a 683)
- Maydo (ca. 802)
- Adulfo (c. 820)
- Sebastián (877-881)
- Genserico (ca. 884)
- Sumna (886-890)
- Egila (ca. 900)
- Estevo (ca. 905)
- Santo Ansur[7] (ca. 915-922)
- Diego I (942-958)
- Fredulfo (962)
- Gonzalo (964)
- Diego II (974-977)
- Vimarano (ca. 986)
Bispos dependentes da arquidiocese de Braga
editar- Edoronio (1071-1088)
- Pedro (1088-1096)
- Diego III (1100-1132)
- Martiño (1132-1156)
- Pedro Seguín (1157-1169)
- Adán (1169-1173)
- Afonso (1174-1213)
- Fernando Méndez (1213-1218)
- Lourenzo (1218-1248)
- Xoan Díaz de Ourense (1249-1276)
- Pedro Eans (1286-1308)
- Rodrigo Peres (1310)
- Gonzalo Daza e Osorio (1311-1319)
- Gonzalo Peres de Novoa (1320-1332)
- Vasco Peres Mariño (1333-1343)
- Álvaro Pérez de Viedma (1343-1351)
- Juan Cardallac (1351-1361)
- Afonso Peres Noia (1362-1367)
- Juan García Manrique (1368-1376)
- García (1379-1382)
Bispos dependentes da arquidiocese de Compostela
editar- Pascual García (1383-1390)
- Diego Anaya Maldonado (1390-1392)
- Pedro Díaz (1392-1408)
- Francisco Afonso (1409-1419)
- Alfonso de Cusanza (1420-1424)
- Álvaro Pérez Barreguín (1424-1425)
- Diego Rapado (1425-1443)
- Juan de Torquemada, O.P. (1443-1445)
- Pedro Silva (1447-1462)
- Alonso López de Valladolid (1466-1469)
- Diego de Fonseca (1471-1474)
- Antonio Pallavicini Gentili (1486-1507)
- Administrador apostólico: Pietro Isualles (1508 - 1511, finado)
- Administrador apostólico: Orlando Carretto della Rovere (1511 - 1512, finado; tamén arcebispo de Aviñón)
- Fernando Valdés (1530-1532) (tamén bispo de Oviedo)
- Rodrigo Mendoza Manrique (1532-1537) (tamén bispo de Salamanca)
- Antonio Ramírez de Haro (1537-1539) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo)
- Fernando Niño de Guevara (1539-1542) (tamén bispo de Granada)
- Francisco Manrique de Lara (1542-1556) (tamén bispo de Salamanca)
- Francisco Blanco Salcedo (1556-1565) (tamén bispo de Málaga)
- Fernando Tricio Arenzana (1565-1578) (tamén bispo de Salamanca)
- Juan de Sanclemente Torquemada (1578-1587) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
- Pedro González Acevedo (1587-1594) (tamén bispo de Plasencia)
- Miguel Ares Canaval (1594-1611)
- Sebastián Bricianos, O.F.M. (1611-1617)
- Pedro Ruiz Valdivieso (1617-1621)
- Juan de la Torre Ayala (1621-1626) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo)
- Juan Venido Castilla, O.F.M. (1626-1631)
- Diego Zúñiga Soutomaior (1631-1634) (tamén bispo de Zamora)
- Luis García Rodríguez (1634-1637) (tamén bispo de Astorga)
- Juan Velasco Acevedo (1637-1642)
- Antonio Paiño Sevilla Osorio (1643-1653) (tamén bispo de Zamora)
- Alfonso de Sanvitores de la Portilla (1653-1659)
- José de la Peña (1659-1663)
- Francisco Rodríguez Castañón (1663-1667)
- Baltasar de los Reyes (1668-1673)
- Diego Ros de Medrano (1673-1694)
- Damián Cornejo (1694-1706)
- Juan Arteaga Dicastillo (11-IV-1707 - 17-IX-1707)
- Marcelino Siuri Navarro (1708-1717) (tamén bispo de Córdoba)
- Juan Muñoz de la Cueva, O.SS.T. (1717-1728)
- Andrés Cid de San Pedro Fernández, O. Cist. (1728-1734)
- Ramón Francisco Agustín Eura, O.S.A. (1738-1763)
- Francisco Galindo Sanz, O.M. (1764-1769)
- Alfonso Francisco Arango (1769-1775)
- Pedro Benito Antonio Quevedo y Quintano (1776-1818)
- Dámaso Egidio Iglesias Lago (1818-1840)
- Juan Manuel Bedoya (1847) (electo)
- Pedro José Zarandia Endara (1847-1851) (tamén bispo de Huesca)
- Luis de la Lastra y Cuesta (1852-1857) (tamén bispo de Valladolid)
- José Ávila Lamas (1857-1866)
- José La Cuesta Maroto (1866-1871)
- Cesáreo Rodrigo (1875-1895)
- Pascual Carrascosa Gabaldón (1895-1904)
- Eustaquio Ilundáin Esteban (1904-1920) (tamén arcebispo de Sevilla)
- Florencio Cerviño González (1921-1941)
- Francisco Blanco Nájera (1944-1952)
- Ángel Temiño Sáiz (1952-1987)
- Xosé Diéguez Reboredo (1987-1996) (tamén bispo de Tui-Vigo)
- Carlos Osoro Sierra (1996-2002) (tamén bispo de Oviedo)
- Luis Quinteiro Fiúza (2002-2010[8]) (tamén bispo de Tui-Vigo)
- Leonardo Lemos Montanet (2012-).
Notas
editar- ↑ "Ourense terá bispo en febreiro tras dous anos sen el", artigo en La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2011.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, pp. 227-229.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, pp. 224-225.
- ↑ Catálogo da XXX Exposición Filatélica: mostra de coleccionismo San Martiño. Sociedade Filatélica Miño de Ourense. 2020. p. 43.
- ↑ Hernández Figueiredo 2014, pp. 231, 240.
- ↑ González Pérez, Clodio (2017). "A provincia e a cidade de Ourense na colección cartográfica do Museo do Pobo Galego [1763-1936]" (PDF). Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo; Deputación de Ourense) (41): 74–85, en 78. ISSN 1136-3207.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-20.
- ↑ "Luis Quinteiro dice que siente 'pena' por abandonar la Diócesis de Ourense y 'alegría' por seguir en Galicia" Europa Press, 28 de xaneiro de 2010. (en castelán)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- AA. VV. (2013). Pastoralia (PDF). 43: La reestructuración arciprestal de la Diócesis de Ourense.
- Hernández Figueiredo, José Ramón (2014). "Apuntes sobre la geografía eclesiástica de Ourense: Tourém, Lama de Arcos, «Couto Mixto» y «Pueblos promiscuos»". Cuadernos de Estudios Gallegos, LXI (en castelán) (127). ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2014.127.07. Consultado o 24-6-2016.