Maximiliano de Austria

Maximiliano de Austria, nado en Xaén o 13 de novembro de 1555 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1614, foi un relixioso español pertencente á Casa de Austria que ocupou os cargos de abade de Alcalá la Real, bispo de Cádiz (1596-1601), bispo de Segovia (1601-1603) e arcebispo de Santiago de Compostela (1603-1614).

Maximiliano de Austria
Arcebispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1555 Xaén
Pasamento1 de xullo de 1614 Santiago de Compostela
Ordes
Consagración episcopal23 de setembro de 1596, por Bernardo de Sandoval
Arcebispo de Santiago de Compostela
1603 - 1614
PredecesorJuan de Sanclemente
SucesorJuan Beltrán Guevara
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria Editar

Foi fillo natural de Leopoldo de Austria (reitor de Salamanca e bispo de Córdoba), que á súa vez era tamén fillo ilexítimo (do Emperador Maximiliano I de Habsburgo); polo que Maximiliano estaba emparentado cos reis de España (sobriño de Felipe "o fermoso", primo de Carlos I -ambos xa falecidos ao nacer el- e primo segundo de Filipe II). Foi bautizado na desaparecida parroquia de San Lorenzo da cidade de Xaén, onde se anota que se bautiza a MAXIMILIANO, de pais incógnitos, cuxos compadres foron Francisco Beltrán e a súa muller. Hai unha nota á marxe que di: "O devandito foi consagrado en Xaén por Arcebispo de S. Tiago de Galizia"

Estudou na Universidade de Alcalá de Henares. En 1583 foi nomeado abade de Alcalá la Real, e en 1596 promovido por Filipe II como bispo de Cádiz en sucesión a Antonio Zapata y Cisneros,[1] onde facilitou importantes esmolas aos damnificados da toma e saqueo de Cádiz de 1596. Foi trasladado á Diocese de Segovia, tomando posesión da mesma o 8 de febreiro de 1602. Durante o seu goberno faleceu no convento das Descalzas Reais de Madrid a infanta dona María de Austria e Avis, por quen o novo bispo celebrou exequias na catedral de Segovia. Abandonou a diocese cando foi trasladado á de Santiago de Compostela, onde finalmente faleceu a principios de 1614.

Notas Editar

  1. "Episcopologio da Diocese de Cádiz e Ceuta". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2016. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar

Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Antonio Zapata y Cisneros
 Bispo de Cádiz 
1596 - 1601
Sucesor:
Gómez Suárez de Figueroa
Predecesor:
Andrés Pacheco
 Bispo de Segovia 
1601 - 1603
Sucesor:
Pedro de Castro y Nero
Predecesor:
Juan de Sanclemente y Torquemada
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
1603 - 1614
Sucesor:
Juan Beltrán Guevara y Figueroa