Abrir o menú principal

Francisco Blanco Salcedo, nado en Capillas (Palencia) o 1 de xaneiro de 1512 e finado en Santiago de Compostela o 26 de abril de 1581, foi un relixioso castelán.

TraxectoriaEditar

Foi alumno do Colexio Maior da Santa Cruz de Valladolid, e tra ser ordenado sacerdote exerceu na diocese de León. Pasou a ser profesor de Teoloxía na Universidade de Valladolid.

Foi nomeado bispo da diocese de Ourense polo papa Paulo IV. En Ourense creou o hospital de San Roque. En 1561 participou no Concilio de Trento. O rei Filipe II propúxoo como bispo da diocese de Málaga, e o papa Pío IV nomeouno como tal. Fixo fronte á sublevación dos mouriscos que se refuxiaron no peñón de Frigiliana, que rematou coa súa rendición o 11 de xullo de 1569.

En 1574 foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Santiago de Compostela polo papa Gregorio XIII, chegando á cidade o 2 de setembro de dito ano. No período de comezo de intromisión do castelán en Galicia, mandou mudar por Los Ángeles os nomes das parroquias de Santa María de Perras (actual parroquia dos Ánxeles, no concello de Boimorto) e Santa María de Perros (actual parroquia dos Ánxeles, no concello de Brión).


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Francisco Manrique de Lara
 Bispo de Ourense 
15561565
Sucesor:
Fernando Tricio Arenzana

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.