Gregorio XIII, papa

(Redirección desde «Gregorio XIII»)

Gregorio XIII (* Bolonia, 7 de xaneiro de 1502 - † Roma, 10 de abril de 1585), Papa n.º 226 da Igrexa católica de 1572 a 1585.

Gregorio XIII, papa
Nome completoUgo Buoncompagni
Nacemento1 de xaneiro de 1502, 1 de xaneiro de 1501 e 7 de xaneiro de 1502
Lugar de nacementoBoloña
Falecemento10 de abril de 1585
Lugar de falecementoRoma
CausaIctus
SoterradoBasílica de San Pedro
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Boloña
Ocupaciónsacerdote católico e diácono
PaiCristoforo Boncompagni
NaiAngela Marescalchi
FillosGiacomo Boncompagni
Período1572 a 1585
Coñecido porser o papa n° 226 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Boncompagni-3 Find a Grave: 7135499 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Empeñado na renovación moral da Igrexa, xa no seu primeiro consistorio comunicou aos cardeais a súa intención de facer cumprir estritamente os canons aprobados no Concilio de Trento, mostrándose así mesmo inflexible na obriga dos bispos de residir nas súas respectivas sedes.

Aínda que non existise outra razón para gardar memoria de Gregorio XIII, a reforma do calendario Xuliano, utilizado dende que Xulio César o instaurou no ano 46 a. C., para dar paso ao vixente calendario gregoriano, ao que vai ligado o seu nome, fixo del un personaxe de popular notoriedade. Instaurado o 4 de outubro de 1582, o novo calendario veu a solucionar o problema que formulaba o feito de que o ano xuliano tiña 11 minutos e 14 segundos máis que o ano solar o que provocara que a diferenza acumulada fixese que o equinoccio de primavera se adiantase en dez días. Gregorio XIII, asesorado polo astrónomo xesuíta Christopher Clavius promulgou, o 24 de febreiro de 1582, a bula Inter gravísimas na que establecía que tras o, xoves 4 de outubro de 1582 seguiría o venres 15 de outubro de 1582.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.