Os cardeais da Igrexa Católica, segundo o Código de Dereito Canónico, "constitúen un Colexio peculiar, ao que compete prover a elección do Romano Pontífice, segundo a norma do dereito peculiar; así mesmo, os Cardeais asisten ao Romano Pontífice tanto colexialmente, cando son convocados para tratar xuntos cuestións de máis importancia, como persoalmente, mediante os distintos oficios que desempeñan, axudando ao Papa sobre todo no seu goberno cotián da Igrexa universal."[1]

Escudo do cardeal Fernando Quiroga Palacios, arcebispo de Compostela (1949-1971).

Funcións editar

Dúas son as funcións principais:

  • Asesoramento do Papa. Este asesoramento pode realizarse de xeito individual, ou de xeito colexiado. A reunión de colexio cardinalicio denomínase consistorio, é convocado polo Papa e pode ordinario ou extraordinario.
  • Elección do Papa: a función máis importante. O colexio cardinalicio, reunido en Conclave, escolle ao futuro Papa. Só poden ser electores os cardeais de menos de oitenta anos.

Notas editar

  1. http://www.vatican.va/archive/ESL0020/__P18.HTM Código de Dereito Canónico artigo 349

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar