Fernando Quiroga Palacios
Fernando Quiroga Palacios, nado en Maceda o 21 de xaneiro de 1900 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1971, foi un sacerdote e bispo católico galego. Doutor en Teoloxía, foi o primeiro Presidente da Conferencia Episcopal Española.
Fernando Quiroga Palacios | |
---|---|
Cardeal da Igrexa católica | |
Biografía | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1900 en Maceda |
Pasamento | 7 de decembro de 1971 en Madrid |
Estudos | Doutor en Teoloxía |
Alma máter | Universidade Pontificia de Santiago de Compostela |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 10 de xuño de 1922, por Florencio Cerviño González |
Consagración episcopal | 24 de marzo de 1946, por Antonio García García |
Creado cardeal | 12 de xaneiro de 1952, por Pío XII |
Arcebispo de Santiago de Compostela Cardeal-presbítero de Santo Agostiño | |
4 de xuño de 1949 - 7 de decembro de 1971 (morte) | |
Predecesor | Carmelo Ballester Nieto |
Sucesor | Ángel Suquía Goicoechea |
Cargos anteriores | Presidente da Conferencia Episcopal Española (1966-1969) Bispo de Mondoñedo (1945-1949) |
Outros | |
![]() Escudo de Fernando Quiroga Palacios | |
Omnia in Caritate Fiant | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Traxectoria Editar
Naceu nunha familia humilde, sendo o menor de cinco fillos, e quedou orfo de nai con dous anos. O seu pai foi cabo da Garda Civil e despois mestre de escola. Estudou no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote o 10 de xuño de 1922. Entre 1922 e 1923 foi ecónomo e coadxutor de Campobecerros (Castrelo do Val) e outra parroquia ourensá. Entre 1933 e 1946 dirixiu a revista Verdad y Vida.
Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago e posteriormente doutorouse en Sagradas Escrituras pola Universidade Bíblica Pontificia de Roma. Foi profesor dos seminarios de Ourense e Valladolid. En 1945 foi designado bispo de Mondoñedo-Ferrol, posto no que permaneceu até o 4 de xuño de 1949, cando foi nomeado arcebispo de Santiago.[1] En 1957 inaugurou o Seminario Menor de Santiago de Compostela. Iniciou as obras de restauración do Seminario Maior e continuou as escavacións da catedral, onde se descubriu a tumba do bispo Teodomiro. Divulgador do Camiño de Santiago, creou o Instituto de Estudos Xacobeos e a súa revista Compostellanum. Impulsou as peregrinacións e o Ano Santo Xacobeo, organizando os correspondentes a 1954, 1965 e 1971, procurando recuperar o atractivo relixioso e o seu carácter multitudinario. Foi o primeiro cardeal que celebrou misa en lingua galega.
O 12 de xuño de 1952 foi nomeado cardeal polo papa Pío XII[2]. Amigo do cardeal Angelo Roncalli[3], participou como cardeal elector no Conclave de 1958 que o designou Pontífice. Foi tamén cardeal elector no Conclave de 1963 que designou o cardeal Giovanni Montini como papa Paulo VI.
Foi nomeado membro da comisión preparatoria do Concilio Vaticano II por Xoán XXIII, participando tamén nas sesións do propio concilio. Nel impulsáronse as Conferencias Episcopais, e logo da creación da Conferencia Episcopal Española en 1966 foi nomeado o seu primeiro presidente[4].
Vacante a sede arcebispal de Toledo tralo falecemento do cardeal Enrique Plá o 5 de xullo de 1968, dábase por certo que o cardeal Quiroga Palacios sería elevado á sede primada[5], se ben enfermou de gravidade antes de que o 5 de decembro de 1971 se fixesen públicos os nomeamentos das sedes episcopais e arcebispais vacantes[6].
Faleceu en Madrid o 7 de decembro dese mesmo ano[7], sendo soterrado na catedral de Santiago de Compostela, ao pé do Pórtico da Gloria.
Distincións Editar
Foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega pola súa defensa de Galicia. Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica[8], a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort[9], a Medalla de Ouro ao Mérito Turístico[10], a Gran Cruz de Honor e Devoción da Soberana Orde de Malta[11] e a Medalla de Ouro de Santiago de Compostela. Foi nomeado Fillo Predilecto de Maceda e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela e A Coruña.
Escudo de armas Editar
As armas do cardeal Quiroga están formadas por un escudo cuartelado en cruz e entado en punta:
O primeiro, partido: 1º de goles, cáliz de oro, sumado da Sagrada Forma de prata e acompañado de sete cruces do mesmo, tres en cada flanco e unha na punta, esta flanqueada das letras M e O de ouro (Mondoñedo). 2º. De azul, unha nube de prata sumada da urna do sepulcro do Apóstolo Santiago, surmontada dunha estrela de oito puntas de ouro (Compostela).
O segundo, de prata, sobre ondas de azul e prata que representan un caudal de auga, unha ponte de cinco arcos de ouro, sumado na dereita por un castelo de ouro, ameado, mazonado de sable e aclarado de goles, e á esquerda un león rampante, armado uñado e linguado de ouro que levanta na súa dereita unha espada do mesmo metal, e no centro do xefe do escudo unha coroa real pechada (Ourense).
O terceiro, de goles, con cinco estacas de prata postas en pau e colocadas en faixa (Quiroga).
O cuarto, de goles, unha aspa resoltamente, axadrezada de dúas ordes de escaques de ouro e goles (Palacios). Entado en punta, de prata, a cifra en letras de sable "JHP".
En escusón de azur, un Sagrado corazón. Asomando tralo escudo, cruz patriarcal de ouro, de dobre traversa. Acolada a Cruz da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de Malta.
Ao timbre, galero con quince borlas dispostas en cinco ordes a cada lado, todo de goles e rodeado das Bandas das Reais Ordes de Isabel a Católica e San Raimundo de Peñafort. Lema: Omnia in cartitate fiant.
Bispos consagrados por Fernando Quiroga Editar
Sucesión apostólica Editar
- Artigo principal: Sucesión apostólica.
- Fernando Quiroga Palacios (1946)
- Antonio García García (1930)
- Federico Tedeschini (1921)
- Giacomo della Chiesa (1907)
- Giuseppe Melchiorre Sarto (1884)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)
Notas Editar
- ↑ "Ben vido, Don Fernando, a Santiago, sede de Xelmírez e os Fonseca". La Noche. 10 de decembro de 1940. p. 1.
- ↑ "Júbilo en Santiago de Compostela", ABC, 14 de xuño de 1953 (en castelán).
- ↑ "Xoán XXIII visitou Galicia en 1954, antes de ser Papa" Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 2 de setembro de 2000.
- ↑ Conferencia Episcopal Española. Presidencia Arquivado 17 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ "¿El Cardenal Quiroga Palacios, Cardenal Primado?", ABC, 18 de outubro de 1968(en castelán).
- ↑ "Provisión canónica de cuatro sedes arzobispales y tres episcopales", ABC, 5 de decembro de 1971 (en castelán).
- ↑ "Falleció en Madrid el Cardenal Quiroga", ABC, 8 de decembro de 1971 (en castelán).
- ↑ "El Año Santo Español", La Vanguardia, 25 de xullo de 1954 (en castelán).
- ↑ Decreto de Concesión, BOE do 9 de agosto de 1963 (en castelán).
- ↑ "Fraga Irigarne entrega la Medalla al Mérito Turístico al Cardenal Quiroga", ABC, 8 de agosto de 1965 (en castelán).
- ↑ "Peregrinación de la Orden de Malta", ABC, 17 de xullo de 1965 (en castelán).
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Leonardo Lemos Montanet e Pilar de Torres Luna (2004). Fotobiografia del Cardenal Quiroga Palacios. Xunta de Galicia (en castelán).
Predecesor: Benjamín de Arriba y Castro |
Bispo de Mondoñedo 1945-1949 |
Sucesor: Mariano Vega Mestre |
Predecesor: Carmelo Ballester Nieto |
Arcebispo de Santiago de Compostela 1949 - 1971 |
Sucesor: Ángel Suquía |