Pio X, nado Giuseppe Melchor Sarto (Riese, 2 de xuño de 1835Roma, 20 de agosto de 1914).

Pío X
Papa da Igrexa católica
Biografía
Nacemento2 de xuño de 1835 en Riese, Reino da Lombardía-Venecia, Imperio austríaco
Pasamento20 de agosto de 1914 en Cidade do Vaticano
Nome secularGiuseppe Melchor Sarto
Ordes
Ordenación sacerdotal18 de setembro de 1858, por Giovanni Antonio Farina
Consagración episcopal16 de novembro de 1884, por Lucido Maria Parocchi
Creado cardeal12 de xuño de 1893, por León XIII
Bispo de Roma
4 de agosto de 1903 - 20 de agosto de 1914
PredecesorLeón XIII
SucesorBieito XV
Cargos anterioresPatriarca de Venecia (1893-1903)
Bispo de Mantua (1884-1893)
Outros

Escudo de Pío X
Instaurare Omnia in Christo
Ficha en catholic-hierarchy.org

Relixioso italiano, papa (1903 a 1914) e santo católico.

Foi Patriarca de Venecia e elixido Papa en 1903. Gobernou a Igrexa católica con man firme nunha época en que esta se enfrontaba a un laicismo moi forte así como a numerosas tendencias do modernismo nos campos dos estudos bíblicos e a teoloxía. Introduciu grandes reformas na liturxia e facilitou a participación do pobo na celebración Eucarística. Permitiu a práctica da comuñón frecuente e fomentou o acceso dos nenos á Eucaristía. Promoveu moito o estudo do catecismo.

Morreu en Roma o 20 de agosto de 1914. Na lápida da súa tumba na Basílica de San Pedro no Vaticano, lese: A súa tiara estaba formada por tres coroas: pobreza, humildade e bondade. Foi beatificado en 1951 e canonizado o 3 de setembro de 1954. A Igrexa celebra a súa memoria litúrxica o 21 de agosto.

A súa lema era "Renovar tódalas cousas en Cristo". É patrón dos peregrinos enfermos.

Sucesión apostólica Editar

Artigo principal: Sucesión apostólica.

 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.