Laicismo

Principio para limitar a influencia relixiosa nas institucións gobernamentais

O laicismo[1] é a estratexia ou posta en práctica que se fai desde o poder ou desde partes influentes da sociedade para recortar o poder relixioso sobre a sociedade; así como constituír o Estado laico.

Os primeiros movementos de laicismo tiveron lugar no Renacemento, e se desenvolveron moito despois, no século XVIII en Europa. Contaron coa oposición da Igrexa: a encíclica Quanta Cura, de Pío IX; e o Concilio Vaticano Primeiro amósanse contrarios ó laicismo.

En Galicia

editar

O goberno de Santiago de Compostela tiña en 2015 un compromiso laicista.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para laicismo.
  2. Huete, Cristina (2015-12-30). "La presidenta del Parlamento gallego carga en la Catedral contra el laicismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-10-27. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar