Bieito XIII, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Bieito XIII, nado co nome de Pietro Francesco Orsini en Gravina (reino de Nápoles) en 1649 e finado en Roma o 21 de febreiro de 1730, foi Papa da Igrexa católica entre 1724 e 1730.
Nome orixinal | (la) Benedictus PP. XIII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (it) Pietro Francesco Orsini 2 de febreiro de 1649 Gravina in Puglia (Reino de Nápoles) |
Morte | 21 de febreiro de 1730 (81 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Santa Maria sopra Minerva (pt) Funeral Monument of Benedict XIII (en) |
245º Papa | |
29 de maio de 1724 – 23 de febreiro de 1730 ← Inocencio XIII – Clemente XII → | |
Roman Catholic Archbishop of Benevento (en) | |
18 de marzo de 1686 – ← Girolamo Gastaldi (pt) – Niccolò Coscia (pt) → Diocese: Arquidiocese de Benevento (pt) | |
Roman Catholic Bishop of Cesena (en) | |
22 de xaneiro de 1680 – Diocese: Roman Catholic Diocese of Cesena (en) | |
Arcebispo católico | |
3 de febreiro de 1675 – | |
Archbishop of Manfredonia (en) | |
28 de xaneiro de 1675 – ← Benedetto Cappelletti (en) – Tiberio Muscettola (en) → Diocese: Roman Catholic Archdiocese of Manfredonia (en) | |
Cardeal | |
22 de febreiro de 1672 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Boloña |
Actividade | |
Campo de traballo | Administration and management of the church (en) |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico (1671–), diácono (1671–), frade |
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
Consagración | Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (pt) |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 21 de febreiro |
Participou en | |
20 de marzo de 1724 | Conclave de 1724 (pt) |
31 de marzo de 1721 | Conclave de 1721 (pt) |
9 de outubro de 1700 | Conclave de 1700 (pt) |
12 de febreiro de 1691 | Conclave de 1691 (pt) |
23 de agosto de 1689 | Conclave de 1689 (pt) |
2 de agosto de 1676 | Conclave de 1676 (pt) |
Familia | |
Familia | Família Orsini (pt) |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Ferrante Orsini, 10th Duke of Gravina e Giovanna Frangipani della Tolfa |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict XIII. |
Non debe confundirse co antipapa Bieito XIII (o famoso "Papa Luna") que reinou entre 1394 e 1423.
Traxectoria
editarEra o fillo primoxénito de Fernando III Orsini, Duque de Gravina in Puglia (Bieito pertencía á familia Orsini de Roma e foi o terceiro e último da mesma en ocupar o Solio Pontificio), e da súa esposa, Giovanna Frangipane della Tolfa del Tufo, da casa ducal de Grumo. Con nove anos, e por falecemento do seu pai, herdou os títulos de Duque de Gravina, Príncipe de Solofra, Príncipe de Vallata, Conde de Muro Lucano e patricio de Nápoles.
En 1667, en Venecia e contra a vontade da súa familia que en van apelara ó papa Clemente IX, ingresou na Orde dos Predicadores (Dominicos). Profesou o 13 de febreiro de 1668, substituíndo o seu nome de bautismo polo de Vincenzo Maria. Graduouse en filosofía e teoloxía nas universidades de Nápoles, Boloña e Venecia, e o 24 de febreiro de 1671 foi ordenado sacerdote polo Papa Clemente X.
En 1672 ese mesmo papa fíxoo cardeal do título de San Sisto, e tres anos despois consagrouno arcebispo de Manfredonia. En 1680 foi nomeado bispo de Cesena, mantendo o grao de arcebispo ad personam. En 1686 foi trasladado á sede metropolitana de Benevento, arcebispado que retivo ata a súa morte malia ser elixido sucesivamente Cardeal-bispo de Frascati (1701), cardeal-bispo de Porto-Santa Rufina (1715) e Papa. Debido ó seu prolongado cardealado, tomou parte nos conclaves de 1689, 1691, 1700, 1721 e 1724, resultando elixido sumo pontífice neste último.
Foi elixido o 29 de maio de 1724, logo de dous meses de conclave. Manifestou tomar o nome de Bieito en honra do Papa Bieito XI, un frade dominico como el. Cinco días despois foi coroado polo Cardeal Benedetto Pamphilii, protodiácono de Santa Maria in Via Lata. Só por unhas semanas utilizou o ordinal Bieito XIV, que cambiou polo de XIII ó ser advertido de que o anterior desa numeración fora un antipapa.
Durante o seu pontificado opúxoseo tenazmente ó iansenismo, que condenou mediante a nova bula Unigenitus (1726), homónima e en idéntico sentido da promulgada por Clemente XI en 1713. Con todo, o maior problema tívoo co movemento dos "católicos vellos": desautorizou en 1725 a consagración do seu fundador, Cornelius Steenhoven, como arcebispo de Utrecht, o que provocou un cisma dentro da Igrexa que aínda hoxe persiste.
Estableceu a Congregación de Seminarios en 1725 para regular e uniformar os estudos eclesiásticos. En 1728 publicou en tres volumes diversos escritos pastorais, e ese mesmo ano, a instancias do concilio da provincia eclesiástica Tarraconense, accedeu por primeira vez a que se puidese traballar en determinadas festas consideradas "de precepto".
Descoidou a administración da curia romana. Fiel á regra da Orde dos Predicadores, levou unha vida austera e de moral extrema. Quitou a lotaría de Roma, pero non se abstivo de repartir profusamente beneficios e prebendas, e se despreocupou das actividades dos seus subordinados. O certo é que á súa morte a tesouraría papal estaba exhausta. Dise del que gustaba de almorzar ovos guisados segundo unha receita persoal, que segue a ser coñecida en Italia, como ovos bieitinos en honra deste papa.
Canonizou en 1726 a San Xoán da Cruz, a San Luis Gonzaga, que fora o modelo da súa mocidade; a San Xoán Nepomuceno, a San Gregorio VII, a San Estanislau de Kostka e ó mártir San Venceslau.
Faleceu en Roma e foi sepultado na Patriarcal Basílica Vaticana. Tres anos despois, os seus restos foron transladados á capela de San Domingo da basílica de Santa Maria sopra Minerva, tamén en Roma.
As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Miles in bello (O soldado na guerra), cita que ó parecer fai referencia a que participou no asedio de Aviñón.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrada en Enciclopedia Católica (en castelán)
Predecesor: Inocencio XIII |
Papa 1724 - 1730 |
Sucesor: Clemente XII |