José Guerra Campos

relixioso galego

José Guerra Campos, nado en Seares de Abaixo (Ames) o 13 de setembro de 1920 e finado en Sentmenat (provincia de Barcelona) o 15 de xullo de 1997 foi un eclesiástico católico latino galego, bispo de Cuenca entre 1973 e 1996.

José Guerra Campos
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1920 en Ames, provincia da Coruña
Pasamento15 de xullo de 1997 en Sentmenat, provincia de Barcelona
Ordes
Ordenación sacerdotal15 de outubro de 1944
Consagración episcopal26 de xullo de 1964, por Fernando Quiroga Palacios
Bispo de Cuenca
1973 - 1996
PredecesorInocencio Rodríguez Díez
SucesorRamón del Hoyo López
Outros

Escudo de José Guerra Campos
Habitavit in nobis
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, e posteriormente doutorouse pola Universidade Pontificia de Salamanca. O 15 de outubro de 1944 foi ordenado sacerdote, e posteriormente, entre 1945 e 1965 foi profesor do seminario arquidiocesano compostelán e nas facultades de Medicina e Farmacia da USC. Entre 1962 e 1963 foi consultor no Concilio Vaticano Segundo.

O 15 de xuño de 1964 foi nomeado bispo auxiliar de Madrid e bispo titular de Mutia. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela Fernando Quiroga Palacios, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Madrid Casimiro Morcillo e ao bispo auxiliar de Santiago Miguel Nóvoa Fuente.

O 13 de abril de 1973 foi nomeado bispo de Cuenca. Retirouse o 16 de xuño de 1996, e finou ao ano seguinte, o 15 de xullo de 1997, en Senmenat, na residencia da Sociedade Misioneira de Cristo Rei.