Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol
A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.
Diocese de Mondoñedo-Ferrol Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis | |
---|---|
Catedral de Mondoñedo | |
Datos xerais | |
Erixida | 1114 (diocese de Mondoñedo) 1959 (cambio de nome) |
Sufragánea de | Santiago de Compostela |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa latina |
Igrexa | Igrexa católica |
Ritos | Rito romano |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Bispo | Fernando García Cadiñanos |
Outros datos | |
TerritorioEditar
A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a Catedral de San Martiño e a Basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a Concatedral de San Xiao.
HistoriaEditar
A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da Arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.
En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.
O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.
EstatísticasEditar
A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.
ano | poboación | sacerdotes | diáconos | relixiosos | parroquias | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
bautizados | total | % | total | clero secular |
clero regular |
bautizados por sacerdote |
homes | mulleres | |||
1950 | 320.750 | 321.400 | 99,8 | 387 | 345 | 42 | 828 | 66 | 174 | 401 | |
1970 | 348.000 | 312 | 274 | 38 | 53 | 540 | 420 | ||||
1980 | 325.900 | 327.000 | 99,7 | 319 | 294 | 25 | 1.021 | 33 | 476 | 421 | |
1990 | 340.000 | 342.000 | 99,4 | 244 | 217 | 27 | 1.393 | 35 | 406 | 424 | |
1999 | 355.000 | 360.000 | 98,6 | 227 | 209 | 18 | 1.563 | 23 | 302 | 424 | |
2000 | 357.000 | 362.000 | 98,6 | 222 | 205 | 17 | 1.608 | 22 | 287 | 424 | |
2001 | 358.000 | 364.000 | 98,4 | 223 | 209 | 14 | 1.605 | 21 | 296 | 420 | |
2002 | 360.000 | 366.000 | 98,4 | 225 | 214 | 11 | 1.600 | 19 | 225 | 424 | |
2003 | 298.073 | 301.095 | 99,0 | 200 | 183 | 17 | 1.490 | 35 | 258 | 426 | |
2004 | 286.097 | 288.998 | 99,0 | 204 | 181 | 23 | 1.402 | 29 | 303 | 426 |
Bispos da dioceseEditar
Ao longo da súa historia, estes foron os bispos que tivo a diocese nas súas diferentes sedes:
Sé de BretoñaEditar
Sé de San Martiño de MondoñedoEditar
- Sabarico I (866–877)
- Rosendo I (877–907)
- Sabarico II (907–922)
- Recaredo (923)
- Rosendo de Celanova (923–942)
- Teodomiro (969?)
- Armentario (983–1011)
- Suario I (1015–1022)
- Nuno I (1025–1027)
- Adulfo (¿?)
- Albito (1040?)
- Suario II (1058–1071)
- Gonzalo Froilaz (1071–1108)
- Pedro I (1108-1112)[1]
- Munio Afonso (1112–1136) [2]
Sé de VilamaiorEditar
Sé de RibadeoEditar
Sé de MondoñedoEditar
- Martiño (1219–1248)
- Joán II de Sebastiáns (1248–1261)
- Nuño II Pérez (1261–1286)
- Álvaro Gómez (1286–1297)
- Rodrigo Vázquez (1298–1318)
- Gonzalo (1319–1326)
- Joán III (1327–1329)
- Álvaro Pérez de Biezma (1326–1343)
- Vasco (1343–1346)
- Alfonso Sánchez (1347–1366)
- Francisco I (1367–1393)
- Lope de Mendoza (1393–1399)
- Álvaro de Isorna (1400–1415)
- Xil Soutelo (1415–1425)
- Xil Rodríguez de Muros (1429–1432)
- Pedro Henríquez (1426–1445)
- Pedro Arias Vaamonde (1446–1448)
- Alfonso de Segura (1449–1455)
- Alfonso Vázquez de Acuña (1455–1457)
- Fadrique de Guzmán (1452–1492?)
- Alonso Suárez de la Fuente del Sauce (1493–1496)
- Pedro de Munébrega (1498–1504)
- Diego de Muros (1505–1512) (tamén bispo de Oviedo)
- Diego Pérez Villamuriel (1512–1520)
- Jerónimo Suárez Maldonado (1525–1532) (tamén bispo de Badaxoz)
- Pedro Pacheco Ladrón de Guevara (1532–1537) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo)
- Antonio de Guevara Noroña, O.F.M. (1537–1545)
- Diego Soto Valera (1545–1549)
- Francisco de Santa María Benavides Velasco, O.S.H. (1550–1558), fillo dos Marqueses de Frómista (anteriormente bispo de Cartaxena de Indias, despois bispo de Segovia), morreu en 1560.
- Pedro Maldonado, O.F.M. (1559–1566)
- Gonzalo Solórzano (1567–1570) (tamén bispo de Oviedo)
- Antonio Luján Luján, O.F.M. (1570–1570)
- Juan de Yermo y Hermosa (1574–1582) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
- Isidoro Caja de la Jara (1582–1593)
- Gonzalo Gutiérrez Montilla (1593–1598) (tamén bispo de Oviedo)
- Diego González Samaniego (1599–1611)
- Alfonso Mesía de Tovar (1612–1616) (tamén bispo de Astorga)
- Pedro Fernández Zorrilla (1616–1618) (tamén bispo de Badaxoz)
- Rafael Díaz de Cabrera, O.SS.T. (1618–1630)
- Francisco Villafañe (1631–1633) (tamén bispo de Osma)
- Antonio Valdés Herrera (1633–1636) (tamén bispo de Oviedo)
- Gonzalo Sánchez de Somoza Quiroga (1638–1644)
- Juan Juániz de Echalar (1645–1647) (tamén bispo de Calahorra e La Calzada)
- Francisco Torres Grijalba, O.S.A. (1648–1662)
- Dionisio Pérez de Escobosa (1663–1668)
- Luis Tello de Olivares (1669–1671)
- Sebastián de Arévalo (1672–1682)
- Gabriel Ramírez de Arellano (1682–1689)
- Miguel Quixada (1690–1698)
- Manuel Navarrete e Ladrón de Guevara (1699–1705)
- Juan Antonio Muñoz Salcedo, O.S.H. (1705–1728)
- Antonio Alejandro Sarmiento Sotomayor, O.S.B. (1728–1751)
- Juan Manuel Escobar Carrera (1752–1752)
- Carlos Antonio Riomol Quiroga (1752–1761)
- José Francisco Losada Quiroga (1761–1779)
- Francisco Cuadrillero Mota (1780–1797)
- Andrés Aguiar Caamaño (1797–1815)
- Bartolomé Cienfuegos (1816–1827)
- Francisco López Borricón (1827–1839)
- Tomás Iglesias Bárcones (1850–1851) (tamén Patriarca das Indias Occidentais)
- Telmo Maceira (1852–1855) (tamén bispo de Tui)
- Ponciano Arciniega (1857–1868)
- Francisco de Sales Crespo y Bautista (1875–1877)
- José Manuel Palacios y López (1877–1885)
- José María Justo Cos Macho (1886–1889) (tamén arcebispo de Santiago de Cuba)
- Manuel Fernández de Castro Menéndez Hevia (1889–1905)
- Juan José Solís Fernández (1905–1931)
- Benjamín de Arriba y Castro (1935–1944) (tamén bispo de Oviedo)
- Fernando Quiroga Palacios (1945–1949) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
- Mariano Vega Mestre (1950–1957)
Sé de Mondoñedo-FerrolEditar
- Jacinto Argaya Goicoechea (12 de setembro de 1957, nomeado – 18 de novembro de 1968, nomeado bispo de San Sebastián)
- Miguel Anxo Araúxo Iglesias (2 de xullo de 1970, nomeado – 20 de maio de 1985, renuncia)
- José Gea Escolano (15 de maio de 1987, nomeado – 6 de xuño de 2005, retirado)
- Manuel Sánchez Monge (6 de xuño de 2005, nomeado – 6 de maio de 2015, nomeado bispo de Santander)
- Luis Ángel de las Heras Berzal (dende o 7 de maio de 2016[3])
- Fernando García Cadiñanos (dende o 4 de setembro de 2021)
PublicaciónsEditar
A diocese edita a revista anual Estudios Mindonienses, que en 2015 ía polo número 31[4].
NotasEditar
- ↑ Cal Pardo 2003, p. 87.
- ↑ En varias fontes nomeado Nuno Afonso, Nuño Adefonsiades e mesmo Nuño Alfonso.
- ↑ Luis Ángel de las Heras, nuevo obispo de Mondoñedo-Ferrol
- ↑ "Revista Estudios mindonienses". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 05 de xullo de 2017.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Cal Pardo, Enrique (2003). Episcopologio mindoniense. Cuadernos de Estudios Gallegos (en castelán). Santiago de Compostela: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC). ISBN 84-933023-1-7.
- —————— (2007). "Breve historia de la diócesis de Mondoñedo" (PDF). Rudesindus: Miscelánea de arte e cultura (en castelán) (Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo) (1): 105–123. ISSN 2255-5811.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Sitio web da diocese (en castelán).