Abrir o menú principal

Teodomiro foi bispo da diocese de Iria Flavia a comezos do século IX, até a súa morte no ano 847.

Teodomiro
Falecemento847
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote
editar datos en Wikidata ]
Lápida do sepulcro do bispo Teodomiro, na catedral de Santiago de Compostela. Detalle da inscrición do nome do bispo.

Foi quen puxo en coñecemento da corte de Afonso II de Oviedo.[1] o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, nalgún momento entre o ano 818, cando aínda vivía o seu predecesor, o bispo Quendulfo, e mais o ano 842. Comunicoullo ao rei, e este acudiu rapidamente desde Oviedo a visita-lo lugar, converténdose así no primeiro peregrino documentado.

A lauda sepulcral foi atopada nas escavacións realizadas por Chamoso Lamas no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela, próximo ó suposto sepulcro do Apóstolo. Na lauda dáse constancia da data da súa morte, o 20 de outubro de 847.

NotasEditar

  1. Fletcher, R.A. (1984) Saint James's catapult : the life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela. Clarendon Press: Oxford. isbn=978-0198225812