Abrir o menú principal

Iria Flavia, Padrón

parroquia do concello de Padrón
(Redirixido desde "Iria Flavia")

Coordenadas: 42°44′36″N 08°39′48″O / 42.74333, -8.66333

Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.356 habitantes.

Iria Flavia
Facade of Saint Mary Church in Iria Flavia, Padrón, Galicia, Spain.jpg
Igrexa de Santa María de Iria Flavia.
ConcelloPadrón
Poboación1.996 hab. (2013)
Entidades de poboación30

Índice

HistoriaEditar

Iria Flavia foi dunha das dioceses galegas de maior poderío na Alta Idade Media, ata que a sé foi trasladada a Santiago de Compostela, cambio motivado pola importancia que estaba a adquirir a cidade compostelá con motivo do descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago.

A igrexa, o adro e parte do contiguo cemiterio ocupan unha extensa necrópole datada a partir do século V. No templo está un dos órganos máis valiosos de Galicia. Amais de lápidas e sartegos contemporáneos (como o de Camilo José Cela e os seus antergos), á beira da igrexa de Santa María consérvase unha ampla colección de sartegos e laudas, en distinto estado de conservación. Son sartegos monolíticos, escavados con forma antropomorfa e tampa tamén monolítica lisa ou en dobre estola. Nalgunhas das laudas aprécianse signos gremiais como nas de Noia. Atopáronse tamén outros construídos con laxes, perpiaños ou ladrillos. Nalgúns casos consta que se trata de elementos construtivos de antigas obras romanas.

Iria Flavia na literatura e na cultura popularEditar

 
Lápida que mostra o lugar onde estivo soterrada Rosalía.

Iria Flavia coñécese popularmente co nome de Adina [1]. Rosalía de Castro refiriuse nos seus versos ó cemiterio anexo:

O cemiterio da Adina
n'hai duda que é encantador
cos seus olivos escuros
de vellas recordazóns.

Ou

Ceboleiras que is e vindes
de Adina polos camiños
á veira do camposanto
pasái leve e paseniño.

e foi enterrada no mesmo á súa morte en 1885, onde permaneceu ata que en 1891 os seus restos foron trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago.

Na literatura popular galegaEditar

  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio.
  • Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio [1].

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar