Carcacía, Padrón
San Pedro de Carcacía[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 785 habitantes (360 homes e 425 mulleres). Ten unha extensión aproximada de 1,5 km², e por ela pasa o río Ulla.
Carcacía | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Padrón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°45′11″N 8°36′32″O / 42.7530555556, -8.60888888889 |
Área | 1,5 km² |
Poboación | 785 hab. (2013) |
Densidade | 523,33 hab./km² |
Entidades de poboación | 18[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi concello independente entre 1822 e 1834.
Infraestruturas
editarExisten nela ó redor de 20 empresas. Conta cun campo de fútbol, campo de festas, escolas de Infantil e Primaria, unha casa rural, algúns bares e unha praia fluvial. Ten riquezas arquitectónicas, como son a igrexa, os abundantes cruceiros, fontes e muíños. Nela existen varias asociacións de tipo cultural e deportivas, como son o SD Carcacía, Asociación de Mulleres Rurais, a coral da igrexa, a Asociación Cultural San Pedro de Carcacía, e a asociación cultural Carcacía Grupo Activo (CAR.G.A.).
Festas
editarNesta parroquia celébranse, ademais das festas patronais, o Santo Isidro Labrador, Santo Antonio e a nosa Señora do Rosario.
Lugares e parroquias
editarLugares de Carcacía
editarLugares da parroquia de Carcacía no concello de Padrón (A Coruña) | |
---|---|
Bandín | Berxaos | Casal | Corral | Cruxeiras de Abaixo | Cruxeiras de Arriba | Guimaráns | A Igrexa | Lamas | O Outeiro | Pousada | Rial | Ribadulla | Rumille | Sande | Sinde | Sobrerribas | Xoane |
Parroquias de Padrón
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón | |
---|---|
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago) |