Abrir o menú principal

Enrique Plá Deniel (Barcelona 1876 - Toledo 1968) foi un eclesiástico español.

Enrique Plá
Enrique Pla y Deniel.jpg
Nome completoEnrique Plá y Deniel
Nacemento19 de decembro de 1876
 Barcelona
Falecemento5 de xullo de 1968
 Toledo
SoterradoCatedral de Santa María de Toledo
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónteólogo, sacerdote católico e político
PremiosColar da Ordem de Isabel a Católica, Grand Cross of the Imperial Order of the Red Arrows e Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou filosofía, teoloxía e dereito canónico. Ordenouse en 1900 en Barcelona, foi profesor do Seminario de Barcelona, bispo de Ávila entre 1918 e 1935. Presidente de Acción Católica, foi un dos impulsores de Acción Popular. Nomeado bispo de Salamanca en 1935, tras a sublevación contra a República cedeu a Franco o seu palacio episcopal e escribiu a carta pastoral, Las dos ciudades, onde xustificaba a rebelión de Franco, e que constituíu a fundamentación teolóxica do que denominou Cruzada.

En 1941, tras ser nomeado arcebispo de Toledo, converteuse en primado de España e en 1946 o papa nomeouno cardeal. Procurador en Cortes e membro do Consello do Reino e do de Rexencia. En 1960 deu o seu apoio a membros de Acción Católica que reclamaban o seu dereito a participar en folgas e pouco tempo despois Plá dimitiu dos seus cargos políticos.


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.