Pilar de Torres Luna
María del Pilar de Torres Luna, nada en Bayarque (Almería) o 28 de outubro de 1937 e falecida en decembro de 2018[1], é unha xeógrafa e profesora española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Pilar de Torres Luna 28 de outubro de 1937 Bayarque, España |
Morte | decembro de 2018 (81 anos) |
Educación | Universidade de Zaragoza Universidade de Navarra |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeografía |
Ocupación | profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Traxectoria
editarLicenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza (1961) e doutora en Xeografía pola Universidade de Navarra (1967). En 1968 foi profesora da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1981 é catedrática de Xeografía de España nesta universidade. As súas liñas de investigación son a xeografía rexional do mundo, a xeografía de Galicia, a xeografía social e das relixións e a xeografía dos asentamentos humanos. É membro do comité científico de varias revistas (Estudios Migratorios, Nimbus e A Estrada) e socia da Real Sociedade Xeográfica de España. En 1981 recibiu o premio á mellor investigadora catedrática da universidade de Deputación de Pontevedra.
Obras
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- La Navarra húmeda del noroeste. Estudio geográfico de la ganadería, 1971.
- Un modelo de encuesta rural para Galicia, 1981.
- A montaña galega. O home e o medio, 1993.
- Parroquias y arciprestazgos de Galicia, 1994.
- Geografía de Galicia, 2000-2002.
- Estudio geográfico del Atlas de Lázaro Luis del año 1563. Códice de la Academia das Ciencias de Lisboa, 2004.
- Colectivas
- Fotobiografia del Cardenal Quiroga Palacios, con Leonardo Lemos Montanet
Notas
editar- ↑ "Pesar en la USC por el fallecimiento de la catedrática de Xeografía Pilar de Torres Luna". La Voz de Galicia. 21 de decembro de 2018.