Castrelo do Val
Coordenadas: 41°59′26″N 7°25′27″O / 41.99056, -7.42417
Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003).|O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é castrelexo[8].
Castrelo do Val | |
---|---|
Casa do Concello de Castrelo do Val. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | castrelexo/castrelexa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Verín |
Poboación | 969 hab. (2022)[2][3] |
Área | 122,0 km²[3] |
Densidade | 7,94 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Vicente Gómez García (PSdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 6 |
Eleccións municipais en Castrelo do Val | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 76,12% |
Na rede | |
http://castrelodoval.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
LocalizaciónEditar
O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo nordeste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1288 m), Peña Nofre (1291 m) e Cabezo do Sogral (1369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.
A temperatura media anual é de 9 °C, con oscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)
HistoriaEditar
Até 1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo de Castrelo de Miño. Foi galeguizado a finais do século XX.
PatrimonioEditar
No lugar de Pedra Alta atopouse unha estela da Idade de Bronce, ata agora único en Galiza [9]. Está tallada con forma antropomorfa (con catro rebaixes que queren expresar brazos e pernas) e representa un guerreiro con escudo con escotadura en V, unha espada e unha posible lanza, así como un carro tirado por animais. Clasifícase dentro das chamadas "estelas do suroeste" por abundar no suroeste da península.
Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais de Servoi e Campobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o de Pepín) e a fonte e o casco antigo de Nocedo.
Entre o patrimonio natural destaca o Parque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para a Denominación de Orixe Monterrei.
PoboaciónEditar
Censo total | 1079 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 77 (7,13 %) |
Entre 15 e 64 anos | 545 (50,51 %) |
Maiores de 65 anos | 457 (42,35 %) |

Evolución da poboación de Castrelo do Val Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
2975 | 2913 | 3227 | 2455 | 1239 | 1199 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo do Val.
ParroquiasEditar
Lugares de Castrelo do ValEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo do Val vexa: Lugares de Castrelo do Val.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Castrelo do Val".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castrelo do Val". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 45. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ "Achan por primeira vez en Galicia un ronsel de guerreiro con carro", artigo de Jorge Lamas en La Voz de Galicia, 7 de maio de 2011.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castrelo do Val |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficia do Concellol
- Pedra Alta de Castrelo do Val (Museo Arqueolóxico de Ourense) Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |