Vilardevós

concello da comarca de Verín, na provincia de Ourense

Coordenadas: 41°54′25″N 7°18′45″O / 41.90694, -7.31250

Vilardevós é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2024 habitantes (2693 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilarexo ou vilarense [7].

Vilardevós
Bandeira de Vilardevós
Escudo de Vilardevós
Casa consistorial.
Situación
Xentilicio[1]vilarexo/vilarexa ou vilarense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación1.726 hab. (2022)[2][3]
Área152,1 km²[3]
Densidade11,35 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Política (2023[5])
AlcaldeEva María Pérez Gamote (PSdeG PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Outros: Interior Galego Vivo=2
Eleccións municipais en Vilardevós
Uso do galego[6] (2011)
Galegofalantes91,76%
Na rede
http://www.vilardevos.info/
Facebook: Vilardevosmeular Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Poboación editar

Censo total 2024
Menores de 15 anos 92 (4,55 %)
Entre 15 e 64 anos 1002 (49,51 %)
Maiores de 65 anos 930 (45,94 %)
Evolución da poboación de Vilardevós   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
4695 5639 6645 5932 2633 2324 2182 2131 2062 2024 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello, de 152,7 km², abrangue 13 parroquias. Está situado ao sueste da provincia de Ourense, limitando á súa vez ao sueste con Portugal. Limita ao norte con Castrelo do Val e Riós, ao sur con Chaves, ao leste con Vinhais, e ao oeste con Verín.

Ten unha orografía de montaña, sendo os maiores cumios os da serra de Penas Ceibes. Está atravesado polo río Támega e o río Mente.

Historia editar

As mámoas de Vilardevós, o castro de Florderrei, un cadaleito atopado en Arzádigos e datado do século VII, mostran o poboamento destas terras desde época antiga. Como territorio fronteirizo entre España e Portugal sufriu os avatares das relacións entre ámbolos dous países; en 1569 os exércitos portugueses invadiron e devastaron estas terras chegando ata A Gudiña. Durante o antigo Réxime estiveron baixo a xurisdición do Conde de Monterrei.

Galería de Imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilardevós

Arzádegos (Santa Baia) | Berrande (San Bartolomeu) | Enxames (San Xoán) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | Moialde (Santa María) | Osoño (San Pedro) | Santa María de Traseirexa (Santa María) | Soutochao (Santa María) | Terroso (Santa Cruz) | Vilar de Cervos (San Vicente) | Vilardevós (San Miguel) | Vilarello da Cota (Santa María)


Lugares de Vilardevós editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilardevós vexa: Lugares de Vilardevós.

Galería de imaxes editar

 
Vilardevós Ourense.
Vilardevós Ourense.[8] 

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vilardevós".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Eleccións 2023". 
  6. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  7. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 61. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  8. Decreto 278/2003, do 22 de maio DOG núm. 113 (12 de xuño de 2003)

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.