Piornedo, Castrelo do Val
Santa Eufemia de Piornedo é unha parroquia do concello de Castrelo do Val, na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 86 habitantes (43 mulleres e 43 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.
Piornedo | |
---|---|
Concello | Castrelo do Val[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°00′50″N 7°20′01″O / 42.014, -7.33352778 |
Poboación | 86 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá situada aproximadamente a 900 metros de altitude, na parte fonda das abas de Pena Nofre e Cabeza de Valdefeiras, con orientación sueste e espléndidas vistas. As súas terras dun labor agrogandeiro típico de montaña están delimitadas polos Regatos das Veiguiñas e Porto do Carro, afluentes do río Mente.
O seu nome, que se repite nos Ancares e na provincia de Cáceres indica terra de piornos e nos mellores tempos, antes da emigración contou con 65 veciños: hoxe queda menos da metade, que seguen cultivando patacas, castañas, millo e unha cabana importante de ovellas, aínda que a poboación, maioritariamente envellecida, vive das pensións.
Os primeiros emigrantes de Piornedo saíron cara ás minas de Riotinto (Huelva), ós Estados Unidos, Cuba e o Brasil, onde algúns fixeron fortuna. Veciños de Piornedo participaron como asalariados na construción da vía do tren Zamora - Ourense nos anos 30, morrendo e enfermando nas obras algúns deles. Posteriormente, nos anos 50, algúns instaláronse en Verín, País Vasco e Barcelona e nos 60 emigraron a Alemaña e Suíza principalmente. Nos anos 2000-2006 fíxose unha praza no centro da aldea, rodeada de lugares onde comer (forno de leña para pan ou para asar) e reunirse coa xente do lugar, axeitando a aldea para o turismo rural.
Lugares e parroquias
editarLugares de Piornedo
editarLugares da parroquia de Piornedo no concello de Castrelo do Val (Ourense) | |
---|---|