Río Támega
O río Támega (Tâmega en portugués), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percorrido de 145 km. É o único río principal galego, xunto cos seus afluentes, que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro[1].
Río Támega | |
---|---|
País | Galiza e Portugal |
Nacemento | A Alberguería |
Lonxitude | 145 km |
Conca | 669 km² |
Desembocadura | Río Douro |
Etimoloxía
editarO nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támese, en inglés Thames[2]. Do nome do río deriva do pobo prerromano dos tamagani, que habitou o val de Monterrei.
Percorrido
editarO Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da parroquia da Alberguería, no concello ourensán de Laza. Atravesa logo o val de Monterrei ata entrar por Chaves en Portugal. Desde alí cruza o resto do distrito de Vila Real, formando linde entre este e o de Braga, para finalmente entrar no de Porto, onde rende as súas augas ao Douro na localidade de Entre-os-Rios.
Entre as localidades máis importantes que atravesa están Laza, Castrelo do Val, Verín e Oímbra en Galiza, e mais Chaves e Amarante no norte portugués. O seu afluente máis salientábel en terras galegas é o río Búbal, que o é pola dereita.
Protección
editar- Artigo principal: Zona especial de conservación do Río Támega.
A cunca e ribeiras galegas do río Támega teñen a cualificación de zona especial de conservación e que se denomina río Támega.[3][4][5][6]
Datos de interese do río e do seu val
editar- Nacemento: preto da alberguería do Prado.
- Vexetación predominante: árbores de cultivo.
- Desembocadura: río Douro.
- Material xeolóxico: micacitas.
- Afluentes: río Búbal.
- Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito.
- Lonxitude: 38,5 km na parte galega.
- Densidade do gando: 0,8 vacún/Ha.
- Superficie conca: 669 km².
- Densidade explotacións: 6,7 número expl./km².
- Densidade de poboación: 32 hab./km².
- Precipitacións: 1157 mm.
- Diferenza entre cotas: 1000 m.
- Déficit hídrico: máis de 90 días.
- Pendente: 2,26 graos.
- Textura do solo: areoso.
- Aceptación precipitacións: alta.
- Porcentaxe de concellos galegos que compoñen a conca: Laza 40%, Castrelo do Val 10%, Verín 10%, Monterrei 30%, Oímbra 10%.
Notas
editar- ↑ Existe regos e regatos menores de Vilardevós, Riós, A Gudiña e da Mezquita que continúan cara a territorio portugués e que tamén pertencen a esa confederación hidrográfica internacional do río Douro. Véxase mapas.xunta.gal.
- ↑ Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Támega |
Outros artigos
editar- Ríos de Galicia
- Támega, rexión portuguesa