Rabal, Oímbra

parroquia civil do concello de Oímbra

Santo André de Rabal é unha aldea e parroquia do concello de Oímbra, na provincia e diocese de Ourense, partido xudicial de Verín. No ano 2007 tiña 198 habitantes.

Rabal
Rabal
ConcelloOímbra[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°50′53″N 7°26′26″O / 41.848111, -7.440534
Área2,5 km²
Poboación186 hab. (2017)
Densidade74,4 hab./km²
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Rabal é un exclave de Oímbra. Está rodeado por Verín ao norte e leste, e por Portugal ao oeste e sur. Dista un quilómetro de Oímbra. Máis da metade da superficie total de Rabal está situada a unha altitude que non supera os 400 m. O seu termo é traspasado integramente de norte a sur polo río Támega, que nace nas proximidades da Serra de San Mamede. Os montes que rodean a aldea de Rabal son O Penedo (386 m), Outeiro do Terrón (405 m) e Outeiro da Cruz (469 m).

Durante o Precámbrico a superficie do lugar formaba parte do fondo dos mares, o que deu lugar á composición de rochas como lousas e cuarcitas que se viron afectadas, ó final do Paleozoico, pola intrusión de granitos hercinianos. No Secundario, a erosión, converteu todo este relevo en solo chan, e durante o pregamento alpino prodúcese a deformación do chan mediante fracturas e flexións. O relevo resultante viuse afectado posteriormente pola erosión continua a que se viu sometida durante miles de anos, como amosan os depósitos fluviais que alberga e dan lugar ás augas mineiro medicinais.

A temperatura media anual é de 12 °C, pero a amplitude térmica é de 13 °C, o que lle dá un matiz continental[Cómpre referencia]. As precipitacións non son moi abundantes; sobre todo fanse máis presentes cara a finais de outono e principios de inverno.

Festas

editar
  • Festa do San Antón: 13 de xuño. Este santo é o segundo patrón de Rabal.
  • Festa da Virxe das Flores: a última fin de semana de agosto ten lugar a festa grande de Rabal. Durante a fin de semana organízanse competicións de trial, lanzamento de ósos de oliva, xogos infantís e verbena o sábado e o domingo, día no que se adoita preparar chocolate e queimada.
  • Festa do Santo André: 30 de novembro. Este santo é o patrón de Rabal e na súa honra faise unha chocolatada para toda a veciñanza ao redor dunha fogueira amenizado todo con músicos da parroquia, licor café e queimada.

Galería de imaxes

editar

Lugares de Rabal

editar
Lugares da parroquia de Rabal no concello de Oímbra (Ourense)

Rabal | O Terrón


Parroquias de Oímbra

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Oímbra

Bousés (Santa Baia) | As Chás (Santa María das Neves) | A Granxa (San Xoán) | Oímbra (Santa María) | Rabal (Santo André) | San Cibrao (Santa Cruz) | Videferre (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar