Licor café

bebida alcohólica

O licor café (ás veces licor de café[1]) é un licor a base de café, azucre e augardente, que pode ser consumido só ou como ingrediente de sobremesas ou cócteles. Apareceu en Xamaica no século XVII. Moi popular en Galicia, especialmente no sur, faise a partir da augardente de bagazo.

Gotiños con crema de augardente e licor café.

Pode tomarse con xeo, ou quente cunha nube de nata. Existen numerosas variedades, aromatizadas con moitos outros ingredientes, como a vainilla.

O licor café en Galicia

editar

É unha das bebidas espirituosas máis populares en Galicia, amparada pola denominación de orixe local protexida dentro da Denominación xeográfica de Augardentes e licores tradicionais de Galicia[2]. Adóitase tomar despois dos xantares coma dixestivo, o mesmo que a augardente branca, a augardente de herbas ou a crema de augardente. Moitas veces faise caseiro, porén para poder facer uso da denominación Licor café de Galicia, as empresas deberán inscribirse nos rexistros do Consello Regulador.

Trátase dun licor obtido a partir de augardente e alcol etílico de orixe agrícola, mediante maceración e/ou destilación do alcol en presenza de café torrado natural.

Presentación

editar

Cómpre servir a augardente ben fría, entre 8 e 10 °C e para a envellecida entre 15 e 18 °C, sendo as copas en forma de lira ou tulipa as máis axeitadas.

Cócteles que utilizan o licor de café

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar