Triple sec
O triple sec é un licor incoloro con 40º de alcohol que se fai coa destilación de cascas de laranxa. O seu nome vén da súa tripla destilación.
O triple sec foi inventado por Edouard Cointreau, en 1875 preto de Angers. Non puido patentar a receita co nome de "triple sec", porque a oficina de patentes non admitía nomes compostos de dous adxectivos ("triplo" e "seco"). Ante o éxito do seu licor e os numerosos intentos doutras destilerías de imitalo, decidiu rexistralo baixo o seu propio apelido: Cointreau.
O triple sec é desde entón un nome xenérico aplicable a numerosos licores. Son triple sec, por exemplo:
O triple sec pode ser consumido só, como dixestivo ou on the rocks, pero na actualidade utilízase sobre todo na fabricación cócteles, como o Margarita, White Lady e Cosmopolitan.
Historia
editarA destilería Combier di que o triple sec foi inventado nalgún momento entre 1834 e 1848 por Jean-Baptiste Combier en Saumur, Francia.[1] Con todo, Combier era máis famoso polo seu Elixir Combier, que contiña laranxa, pero tamén moitos outros condimentos.[2]
De acordo con Cointreau, o seu licor de laranxa creouse en 1875.[3][4]
O triple sec foi definitivamente coñecido en 1878, na Exposición Universal de París de 1878 en París, varios destiladores ofrecian "Curaço [sic] triple sec", así como "Curaço doux".[5]
Notas
editar- ↑ The Combier web site says that Combier's confectionery store opened in 1834, but says only that Triple Sec was invented "à cette époque" as a filling for his candies and chocolates; it also does not mention when Combier's Triple Sec was actually commercialized.
- ↑ "Les liquoristes saumurois" in Saumur jadis, anonymous Web publication at [1] cites Richard Gasnier, Les liquoristes saumurois de 1830 à 1910, mém. de maîtrise, Angers, 2000, B. U. de l'U.C.O., 15 747 ; François Bouyssi et Isabelle Emeriau, "James Combier ( 1842-1917 ). Essai biographique...", S.L.S.A.S.,, 1992, p. 46-89 ; Alain Mariez, "Un zeste d'orange, deux doigts d'ambition", L'Anjou, décembre 1995, p. 70-77 ; Christelle Couvreux, Marie Bardisa, La Distillerie Combier. Saumur, Itinéraires du Patrimoine, 1999.
- ↑ La Saga Cointreau Arquivado 10 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. on its Web site
- ↑ "Cointreu - Saga". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 August 2012.
- ↑ The Lancet Analytical Commission, "Report on the Food Products exhibited in the French and English Departments of the Universal Exhibition of Paris", The Lancet, September 21, 1878, p. 417f.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triple sec |
Ligazóns externas
editar- Cointreau
- Classic Liquors
- Curaçao Arquivado 27 de decembro de 2011 en Wayback Machine.