Sobremesa
Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces.
Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns froitos secos (noces, castañas asadas).
EtimoloxíaEditar
O nome é unha extensión de sobremesa, é dicir, do período de tempo en que os comensais permanecen á mesa despois de comeren, xeralmente falando, xa que é nese momento cando se serve.
Na lingua galega, sobremesa vén da construción morfolóxica sobre + mesa, significando sobre 'despois', 'aquilo que sucede máis tarde', e mesa significando 'comida principal que se consome á mesa'. Polo tanto, sobremesa significa despois da mesa ou aquilo que sucede á comida principal.
HistoriaEditar
As primeiras sobremesas eran alimentos servidos en cru, como panais de mel, e froitos secos, como dátiles.
Non foi até a Idade Media, cando o azucre comezou a fabricarse, en que a xente empezou a gozar de máis sobremesas doces, pero incluso entón o azucre era tan caro que se reservaba só para os ricos, e en ocasións moi especiais.
A orixe de sobremesas conxeladas, como o xeado e os sorbetes remóntanse tamén á Idade Media, cando a realeza consumía xeo doce con sabor a mel ou a xarope de froitas.[1]
Tamén na Idade Media, nos banquetes da corte francesa, pratos que hoxe consideramos como sobremesa, e que podían consistir en preparacións doces e salgadas, non pechaban a comida, senón que ían seguidos por outros dous servizos, o issue de table e o boutehors, alimentos compostos de viño e especias de cámara (así chamadas porque sa pasaba a unha cámara á parte para degustalas), especias ou froitas confeitadas en azucre ou mel: xenxibre, coandro, fiúncho, anís, nougat de piñóns, doce de marmelo, abelás e pistachos confeitados. Estas especias de cámara gozaban de gran reputación, pois considerábase que facilitaban a dixestión, de xeito que eran máis ben medicamentos que doces, e por iso eran frecuentemente preparadas por boticarios e dadas aos enfermos.[2]
Antes do século XIX, que conduciu, por un lado, ao xurdimento da clase media e, por outro, á mecanización da industria azucreira, os doces eran un privilexio da aristocracia. Cando o azucre se fixo máis barato medrou, paralelamente, o desenvolvemento e a popularización das sobremesas.
En moitas culturas, como a chinesa, non se espera a chegar ao final da comida, servíndose unha mestura de doces e saborosos pratos ao longo da comida.
Doces e sobremesas típicas de tempadaEditar
Hai algunhas sobremesas que se consomen especialmente nalgunhas datas significadas. En Galicia, por exemplo:
- En entroido
- En Pascua
- En Santos e defuntos
- En Nadal
- Rosca de Reis, froita seca, noces. Hoxe en día turróns, mazapáns, polvoróns (importados).
Galería de imaxesEditar
Crema catalá, sobremesa típica de Cataluña.
Arroz con leite, típica sobremesa de moitas gastronomías.
Ananás ou "piña americana".
Copa de xeado de chocolate con nata e galleta.
Ósos de santo, doce da Semana Santa de Castela e León.
Leite fritido, sobremesa común en Galicia.
Filloas, doces típicos de Galicia (especialmente polo Entroido), Bretaña e outros países.
NotasEditar
- ↑ Delp, Valorie: "History of Desserts". LoveToKnow. (en inglés) Consultada o 18/04/2020.
- ↑ Jacquert, Danielle (1988): La médecine médiévale dans le cadre Parisien XIV–XVe siècles. Fayard. ISBN 2-213-59923-8.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sobremesa |
BibliografíaEditar
- Delp, Valorie: "History of Desserts". LoveToKnow (en inglés). Consultado o 18/0/2020.
- Dodge, Abigail J. et. al. (2002): Dessert. Simon & Schuster. ISBN 0743226437. [1]
- Mesnier, Roland (2004): Dessert University. Simon & Schuster. ISBN 0-7432-2317-9 [2]
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|