O flan (en francés e inglés: crème caramel) é un doce elaborado con ovos, leite e azucre, que se coce ao baño maría nun molde acaramelado até callar e adquirir unha consistencia xelatinosa.[1].

Flan con nata.
Flan caseiro desmoldado.

Variantes

editar

Normalmente un flan prepárase con ovos enteiros, leite e azucre (flans de ovo). Hai flans porén que non levan ovo e que se comercializan coma flans de vainilla.

Os máis comúns son os flans doces que se comen coma sobremesas; normalmente utilízase a vainilla para dar sabor.

Existen variacións que inclúen améndoas, pistachos, limón, coco, castañas, queixo, requeixo ou froitas á receita. Tamén hai flans de café, chocolate, licor ou turrón.[2]

Existen tamén flans salgados, normalmente coñecidos coma pudíns.

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia, Real Academia Galega
  2. "Flan de requeixo". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2011. Consultado o 11 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar