Xantar

alimento que se toma despois do almorzo

O xantar é o alimento (denominado ás veces tamén como hora da comida) que se toma despois do almorzo. Denomínase desta maneira á comida servida xeralmente ao mediodía, ben en restaurante, cafetarías ou pubs. A cantidade e composición do xantar depende en gran medida dos costumes xerais da poboación, das tradicións culinarias do país ou etnia, do clima etc. Dependen tamén do lugar e ocasión no tempo: existen os xantares de oficina, colexio, familiares, de negocio. Nalgunhas culturas é unha das comidas principais do día (por exemplo na mediterránea), pero con todo nas culturas anglosaxoas o xantar queda reducido a unha mínima expresión.

O xantar, de Silvio Fernández Rodríguez-Bastos, 1890, Museo de Pontevedra.

Tipos de xantares editar

Caben diferentes posibilidades todas elas son dependentes da cultura gastronómica do país así como as preferencias da persoa. Unha primeira aproximación á tipoloxía dos xantares, podería levar a distinguilos pola duración:

 
Placa dun restaurante.
  • Xantar grande - Adoita estar composto de dous pratos e pode levar un intervalo de tempo que vai desde unha hora até dúas. Adóitase facer en casa, nun restaurante, cafetaría, casa de comidas etc. Por regra xeral este tipo de xantares leva a unha sobremesa dun período de varios minutos.
  • Xantar curto - O alimento máis fácil de encaixar nesta categoría é o sándwich ou bocadillo, ou pastas, barras de chocolate, xeralmente acompañado todo iso de café ou zumes. Este tipo de xantar é unha lixeira interrupción de minutos que de cando en cando chega á hora.

Na actualidade o xantar é entendido, ás veces, como un simple acto social, asociado por exemplo a unha reunión.