Fiúncho

herba perenne e aromática, cultivada polo seu emprego na cociña
Fiúncho

Fiúncho común (Foeniculum vulgare)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Tribo: Apieae
Xénero: Foeniculum
Especie: F. vulgare
Nome binomial
Foeniculum vulgare
Mill., Gard. Dict., ed.8, nº1, 1768 [1]

O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca')[1] ou fiollo[2](Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.

Sementes de fiúncho
Valor nutricional por 100 g
Enerxía1 443 kJ (345 kcal)
52 g
Fibra alimentaria40 g
14.9 g
Saturadas0.5 g
Monoinsaturadas9.9 g
Poliinsaturadas1.7 g
2.9 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
36%
0.41 mg
Riboflavina (B2)
29%
0.35 mg
Niacina (B3)
41%
6.1 mg
Vitamina B6
36%
0.47 mg
Vitamina C
25%
21 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
120%
1196 mg
Ferro
142%
18.5 mg
Magnesio
108%
385 mg
Manganeso
310%
6.5 mg
Fósforo
70%
487 mg
Potasio
36%
1694 mg
Sodio
6%
88 mg
Cinc
42%
4 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Foeniculum vulgare

Descrición

editar

O fiúncho é unha planta herbácea e erecta, dunha cor verde intensa, e pode chegar a acadar os dous metros de altura. As súas follas son longas e delgadas, acabando en segmentos en forma de agulla, que se endurecen exteriormente no verán para evita-la perda de auga. As flores aparecen en ramiños de 20 a 50 flores sobre pedúnculos curtos.

Empregos

editar

A planta emprégase comunmente na cociña típica de Andalucía e sobre todo na confección de encurtidos, aliños e salsas, por aportarlle un típico arrecendo semellante á menta.

O fiúncho tamén é usado para cocer as castañas.[3]

Propiedades

editar

En herboristerías considérase unha planta con propiedades diuréticas; cultívase para extraer a parte inferior que ten unha especie de cebola.

Insulto italiano

editar

Na actualidade, en Italia emprégase tamén o insulto finocchio cos significados de home efeminado ou homosexual. A orixe desta aldraxe provén da Idade Media, cando o Tribunal eclesiástico da Inquisición queimaba na fogueira ós homosexuais (entre outros e outras) e cubría á vítima coas follas frescas do fiúncho para que o suplicio durase máis tempo.

editar

En Beariz (Ourense) ou en Lalín (Pontevedra) tallan o mal de aire cun hisopo feito con fiuncho que mollan en viño tinto. Tamén se usa como protector contra o mal de ollo en Cambados. Noutros puntos, como en Xeve (Pontevedra), curan a ‘’erisipela’’ tocando na parte enferma cun tres poliñas de silva, outras tres de estruga e outras tantas de fiúncho.

  • Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran.
  • Pra facer o Maio/ fumos a roubar/ frores e fiúncho,/ quixéronnos matar.

Ademais o fiúncho é unha das sete herbas máxicas de San Xoán[4].

Nome común

editar

Pé de boi, néboda, mexacán, herba de anís, fieiteiro, funcho, fruncho, fonollo, fiúnxo, fiúnle, fiúncho, fionllo, fiollo, fiacha, teollo, feo, ciollo, canelo, brizo, anís fiollo, anís das castañas e anís[5].

  1. "Fiúncho". Portal das Palabras. Consultado o 6 de maio do 2016. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fiollo.
  3. www.vexetaciondegalicia.es (ed.). "Fiúncho (Foeniculum vulgare)". Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  4. Ríos galegos - http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm#FIUNCHO
  5. "Fiúncho (Foeniculum vulgare Miller)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 12 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985.

Ligazóns externas

editar