Ácido graxo poliinsaturado
Os ácidos graxos poliinsaturados[1] son ácidos graxos que teñen máis dun dobre enlace entre os seus carbonos. Adoitan facerse referencia a eles polas súas siglas en inglés PUFA (Poly-Unsaturated Fatty Acids). Dentro deste grupo atopamos o ácido linoleico (da familia omega-6) e o ácido alfa-linolénico (da familia omega-3). Ambos son ácidos graxos esenciais para os humanos, xa que non se poden sintetizar.[2] Teñen un efecto xeralmente beneficioso, reducindo o colesterol total no sangue.[Cómpre referencia] O exceso implica a produción de compostos tóxicos. Pódense obter do peixe azul e vexetais como millo, soia, xirasol, cabazas e froitos secos.

TiposEditar
Segundo a posición do dobre enlace máis próximo ao carbono que leva o grupo metilo (-CH 3 ), que é o último carbono da cadea ou carbono "omega", clasifícanse en tres familias:
- serie omega-3 . O primeiro dobre enlace está situado na posición 3. Exemplo: ácido linolénico .
- serie omega-6. O primeiro dobre enlace está situado na posición 6. Exemplos: ácido linoleico e ácido araquidónico .
- serie omega-9. O primeiro dobre enlace está situado na posición 9. Esta familia inclúe tanto ácidos graxos poliinsaturados como monoinsaturados (ácido oleico, que só ten un dobre enlace, situado na posición 9).
A distribución nestas tres series ou familias está relacionada, non só coa estrutura química, senón tamén coa orixe biosintética dos ácidos graxos, común en cada familia.
NotasEditar
- ↑ "bUSCatermos; Ácido+graso+poliinsaturado". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-01-30.
- ↑ Jesús Merino Pérez y María José Noriega Borge. Universidad de Cantabria OpenCourseWare, ed. "Vías metabólicas de síntesis de lípidos" (PDF). Arquivado 09 de agosto de 2022 en Wayback Machine.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ácido graxo poliinsaturado |