Ácido graxo monoinsaturado

En bioquímica e nutrición, un ácido graxo monoinsaturado (MUFA polas súas siglas en inglés) é un tipo de ácido graxo caracterizado por ter un só enlace dobre na súa cadea hidrocarbonada (todos os demais enlaces entre os carbonos da cadea son simples). A graxa monoinsaturada contén abundantes ácidos graxos monoinsaturados. En contraste, os ácidos graxos poliinsaturados (PUFAs) tñen máis dun dobre enlace e os saturados ningún. O dobre enlace do ácido graxo monoinsaturado causa a formación dun ángulo na cadea hidrocarbonada e reduce o seu punto de fusión.

O ácido oleico é un exemplo de ácido graxo monoinsaturado.

Descrición molecular

editar
 
O principal constituínte da manteiga de cacao son graxas monoinsaturadas constituídas polos ácidos palmítico, oleico (monoinsaturado) e esteárico.

As graxas monoinsaturadas son triglicéridos que conteñen un ácido graxo insaturado, que case invariablemente é o ácido oleico (18:1 n−9). O ácido palmitoleico (16:1 n−7) e o ácido cis-vaccénico (18:1 n−7) poden aparecer tamén en pequenas cantidades.

Compoñente ácido graxo (% molar) nas graxas seleccionadas[1]
fonte das graxas saturado monoinsaturado biinsaturado triinsaturado
Kernel de palma (da semente)[2] 60–65 10–18 1–3 trazas
aceite de semente de algodón 23–30 14–21 45–58 trazas
Aceite de millo 10–15 25–35 40–60 trazas
Aceite de liñaza 8–11 18–26 14–20 51–56
Aceite de soia 11–17 18–25 49–57 6–11
Aceite de cacahuete 12–17 35–42 39–44 trazas
Lardo (porco) 36–48 36–52 10–12 1
Graxa de vaca 43–64 26–45 2–6 1
Polo 45–67 12–45 3–10 trazas

Saúde

editar

Nun estudo observouse que substituír na dieta a graxa saturada por graxas monoinsaturdas (máis propias da dieta mediterránea) está asociado cun incremento da actividade física (monitorizada usando acelerometría) e cun maior gasto de enerxía en repouso. Unha maior actividade física estaba máis asociada a unha dieta alta en ácido oleico que a unha alta en ácido palmítico. Nese estudo viuse que máis graxas monoinsaturadas orixinaban menos enfado e irritabilidade.[3]

Os niveis de ácido oleico xunto con outros ácidos graxos monoinsaturados en membranas de glóbulos vermellos están asociados positivamente co risco de cancro de mama. O índice de saturación (IS) das mesmas membranas estaban inversamente asociadas co risco de cancro de mama. As graxas monoinsaturadas e o baixo IS en membranas de glóbulos vermellos serven para predicir o cancro de mama postmenopáusico. Ambas as variables dependen da actividade do encima delta-9 desaturase (Δ9-d).[4]

En nenos o consumo de aceites monoinsaturados esta asociado con perfis máis sans de lípidos séricos.[5]

A dieta mediterránea incorpora moitas graxas monoinsaturadas. A finais do século XX a xente nos países mediterráneos consumía máis graxas totais do que nos países do norte de Europa, pero a maioría das graxas eran monoinsaturadas procedentes do aceite de oliva e ácidos graxos omega-3 procedentes de peixes, vexetais e certas carnes como o año, mentres que o consumo de graxas saturadas era moito menor. Unha revisión de 2017 atopou probas de que a práctica da dieta mediteránea podía causar un descenso de doenzas cardiovasculares, incidencia global de cancro, enfermidades neurodexenerativas, diabetes e morte temperá.[6] Unha revisión de 2018 mostrou que a práctica da dieta mediterránea podía mellorar o status de saúde global, como un risco reducido de enfermidades non comunicables. Tamén pode reducir o custo económico e social das doenzas relacionadas coas dietas.[7]

Diabetes

editar

Aumentar a inxestión de ácidos graxos monoinsaturados e diminuír a de saturados pode mellorar a sensibilidade á insulina, pero só cando o consumo global de graxas na dieta é baixo.[8] Porén, algúns ácidos graxos monoinsaturadoss (igual que as graxas saturadas) poden promover a resistencia á insulina, mentres que os ácidos graxos poliinsaturados poden protexer contra a resistencia á insulina.[9][10]

Fontes

editar

Os ácidos graxos monoinsaturados atópanse en alimentos de orixe animal como na carne vermella, produtos de leite enteiro, e en alimentos vexetis como noces e froitos altos en graxas como as olivas e os aguacates. O aceite de algas ten un 92 % de graxas monoinsaturadas. O aceite de oliva ten un 75 % de graxas monoinsaturadas.[11] A variedade alto oleico do aceite de xirasol contén polo menos un 70 % de graxas monoinsaturadas.[12] O aceite de canola (colza) e os anacardios teñen ambos un 58 % de graxas monoinsaturadas.[Cómpre referencia] A graxa de vaca tenun 50 % de graxas monoinsaturadas.[13] e o lardo ten un 40 %.[Cómpre referencia] Outras fontes son: abelás, aceite de aguacate, aceite de noz de macadamia, aceite de semente de uvas, aceite de cacahuete, aceite de sésamo, aceite de millo, flocos de millo, cereais completos como trigo ou avea, aceite de améndoas, aceite de xirasol, aceite de cánavo e té-aceite de camelia.[14]

  1. Thomas, Alfred (2000). "Fats and Fatty Oils". Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry. ISBN 978-3-527-30385-4. doi:10.1002/14356007.a10_173. 
  2. o aceite de palma obtense da parte carnosa do froito da palma aceiteira, pero o kernel de palma é o aceite da semente do froito.
  3. Kien CL, Bunn JY, Tompkins CL, Dumas JA, Crain KI, Ebenstein DB, Koves TR, Muoio DM (abril de 2013). "Substituting dietary monounsaturated fat for saturated fat is associated with increased daily physical activity and resting energy expenditure and with changes in mood". The American Journal of Clinical Nutrition 97 (4): 689–97. PMC 3607650. PMID 23446891. doi:10.3945/ajcn.112.051730. 
  4. Pala V, Krogh V, Muti P, Chajès V, Riboli E, Micheli A, Saadatian M, Sieri S, Berrino F (xullo de 2001). "Erythrocyte membrane fatty acids and subsequent breast cancer: a prospective Italian study". Journal of the National Cancer Institute 93 (14): 1088–95. PMID 11459870. doi:10.1093/jnci/93.14.1088. 
  5. Sanchez-Bayle M, Gonzalez-Requejo A, Pelaez MJ, Morales MT, Asensio-Anton J, Anton-Pacheco E (febreiro de 2008). "A cross-sectional study of dietary habits and lipid profiles. The Rivas-Vaciamadrid study". European Journal of Pediatrics 167 (2): 149–54. PMID 17333272. doi:10.1007/s00431-007-0439-6. 
  6. Dinu M, Pagliai G, Casini A, Sofi F (xaneiro de 2018). "Mediterranean diet and multiple health outcomes: an umbrella review of meta-analyses of observational studies and randomised trials". European Journal of Clinical Nutrition 72 (1): 30–43. PMID 28488692. doi:10.1038/ejcn.2017.58. hdl:2158/1081996. 
  7. Martinez-Lacoba R, Pardo-Garcia I, Amo-Saus E, Escribano-Sotos F (outubro de 2018). "Mediterranean diet and health outcomes: a systematic meta-review". European Journal of Public Health 28 (5): 955–961. PMID 29992229. doi:10.1093/epub/cky113. 
  8. Vessby B, Uusitupa M, Hermansen K, Riccardi G, Rivellese AA, Tapsell LC, Nälsén C, Berglund L, Louheranta A, Rasmussen BM, Calvert GD, Maffetone A, Pedersen E, Gustafsson IB, Storlien LH (marzo de 2001). "Substituting dietary saturated for monounsaturated fat impairs insulin sensitivity in healthy men and women: The KANWU Study". Diabetologia 44 (3): 312–9. PMID 11317662. doi:10.1007/s001250051620. 
  9. Lovejoy JC (outubro de 2002). "The influence of dietary fat on insulin resistance". Current Diabetes Reports 2 (5): 435–40. PMID 12643169. doi:10.1007/s11892-002-0098-y. 
  10. Fukuchi S, Hamaguchi K, Seike M, Himeno K, Sakata T, Yoshimatsu H (xuño de 2004). "Role of fatty acid composition in the development of metabolic disorders in sucrose-induced obese rats". Experimental Biology and Medicine 229 (6): 486–93. PMID 15169967. doi:10.1177/153537020422900606. 
  11. Abdullah MM, Jew S, Jones PJ (febreiro de 2017). "Health benefits and evaluation of healthcare cost savings if oils rich in monounsaturated fatty acids were substituted for conventional dietary oils in the United States". Nutrition Reviews 75 (3): 163–174. PMC 5914363. PMID 28158733. doi:10.1093/nutrit/nuw062. 
  12. Huth PJ, Fulgoni VL, Larson BT (novembro de 2015). "A systematic review of high-oleic vegetable oil substitutions for other fats and oils on cardiovascular disease risk factors: implications for novel high-oleic soybean oils". Advances in Nutrition 6 (6): 674–93. PMC 4642420. PMID 26567193. doi:10.3945/an.115.008979. 
  13. Fat content and composition of animal products: proceedings of a symposium, Washington, D.C., December 12-13, 1974. Washington: National Academy of Sciences. 1976. ISBN 978-0-309-02440-2. PMID 25032409. 
  14. Aizpurua-Olaizola O, Ormazabal M, Vallejo A, Olivares M, Navarro P, Etxebarria N, Usobiaga A (xaneiro de 2015). "Optimization of supercritical fluid consecutive extractions of fatty acids and polyphenols from Vitis vinifera grape wastes". Journal of Food Science 80 (1): E101–7. PMID 25471637. doi:10.1111/1750-3841.12715. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar