Abrir o menú principal

Apiaceae é unha familia de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á orde Apiales. Anteriormente coñecida como Umbelliferae (ambos os nomes son autorizados polo ICBN) e vernaculizado para umbelífera, esta é unha familia composta por plantas normalmente aromáticas e de talo oco. Inclúe especies como a cenoria e outros parentes. Posúe preto de 300 xéneros, contendo máis de 3 000 especies.

CaracterísticasEditar

As flores son pequenas e posúen simetría radial con 5 sépalos, 5 pétalos e 5 estames. Están dispostas nunha inflorescencia en forma de umbela, de aí o seu anterior nome de Umbelliferae. Varias especies posúen inflorescencias onde as flores presentan dimorfismo, posuindo as máis externas pétalos máis vistosas destinadas á atracción dos insectos, en canto as máis internas son máis discretas, concentrándose na reprodución.

A familia contén algunhas especies altamente tóxicas, como o Conium, tamén coñecido como cicuta (o veleno e non o xénero moi semellante co Conium, e tamén altamente velenoso Cicuta). Esta planta foi utilizada para executar a Sócrates e tamén actúa como veleno na punta de frechas. Contén tamén algunhas plantas moi útiles, tales como a cenoria, o pirixel, o apio e o fiúncho

As Apiaceae son parentes próximas da familia Araliaceae. Algúns sistemas de clasificación recentes colocan as Araliaceae nunha familia Apiaceae expandida, mais esta clasificación non foi recoñecida. Os xéneros Hydrocotyle e Trachymene, tradicionalmente incluídos nas Apiaceae, están actualmente inseridos, dun xeito xeral, na familia Araliaceae.

Entre os membros mais notables inclúense: Anethum graveolens - endro; Anthriscus cerefolium - cerefolio; Apium graveolens - apio; Conium maculatum - cicuta; Coriandrum sativum - coandro; Cuminum cyminum - comiño; Daucus carota - cenoria; Foeniculum vulgare - fiúncho; Pastinaca sativa - charouvía; Petroselinum crispum - pirixel; Pimpinella anisum - anís

Lista completa dos xéneros da FamiliaEditar

AEditar

BEditar

CEditar

DEditar

EEditar

FEditar

GEditar

HEditar

IEditar

JEditar

KEditar

LEditar

MEditar

NEditar

OEditar

PEditar

REditar

SEditar

TEditar

UEditar

VEditar

XEditar

YEditar

ZEditar

Véxase taménEditar