Abrir o menú principal
Coandro
Coriandrum sativum - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-193.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Tribo: Coriandreae
Xénero: Coriandrum
Especie: C. sativum
Nome binomial
Coriandrum sativum
L.
Sinonimia
  • Bifora loureiroi Kostel.
  • Coriandropsis syriaca H.Wolff
  • Coriandrum diversifolium Gilib.
  • Coriandrum globosum Salisb.
  • Coriandrum majus Gouan
  • Coriandrum majus Garsault
  • Selinum coriandrum Krause
  • Sium coriaudrum Vest[1]

O coandro ou coriandro (Coriandrum sativum) é unha herba anual da familia das apiáceas (antes chamadas umbelíferas). Especie do xénero Coriandrum, que é o único membro da tribo Coriandreae.

As súas orixes son dubidosas, aínda que xeralmente considérase nativo do norte de África e o sur de Europa. O coandro úsase desde tempos inmemoriais e o seu nome aparece dúas veces na Biblia. (Éxodo 16:31 e Números 11:7)

DescriciónEditar

Planta anual que alcanza uns 40 ou 60 cm de altura. Ten talos erectos, follas compostas, flores brancas e froitos aromáticos. É de uso común na cociña mediterránea, india, latinoamericana, chinesa e do sueste asiático. Todas as partes da planta son comestibles, pero xeralmente úsanse as follas frescas e as sementes secas.

 
Detalle das flores.

Cultivo e usosEditar

É de hábito anual e baixo condicións normais, o coandro alcanza de 40 a 60 cm de altura. Dáse ben en solos lixeiros e permeables e en climas tépedos ou de montaña na zona tropical. Aínda que é bastante resistente ao frío, non sobrevive en terreos encharcados.
É unha herba pouco complicada que pode plantarse en xardíns ou macetas. As súas flores, pequenas e brancas aparecen no verán.

As sementes seméntanse en fileiras, a 30 cm unhas das outras, poñéndoas a 1 cm de profundidade; a máis profundidade non xerminan pois necesitan claridade. Ás tres semanas abrollan as plantas.

A escala industrial, xeralmente cultívanse en filas separadas de 30 a 50 cm coa mesma maquinaria utilizada para os cereais. Úsanse de 20 a 40 kg de sementes por hectárea.

Os seus principais problemas son o pulgón do coriandro (Hyadaphis coriandrii) e os fungos se hai excesiva humidade.[2]

UsosEditar

Todas as partes da planta son comestibles, mais, son as follas frescas e as sementes secas as de uso culinario máis frecuente.

Uso dos froitosEditar

 
Sementes.

Os froitos do coriandro úsanse xeralmente secos. Despiden un aroma cítrico cando se moen ou esmagan. Empréganse para condimentar e son indispensables na cociña india, en preparacións como o curry.[3] Son un ingrediente básico dalgunhas cervexas belgas, salchichas alemás e surafricanas, pan de centeo en Rusia e países centroeuropeos (como substituto da carvea) e en certos pratos da cociña etíope e árabe. Son un dos botánicos usados na fabricación do vermú.[4] Finamente, engádense moídos como aromático ao café no Medio Oriente.

Uso das follasEditar

As follas frescas son ingrediente esencial do chatni, da salsa verde e o guacamole mexicanos. As follas picadas tamén se usan como adorno, engadidas ao final do cocemento ou xusto antes de servir, sobre sopas ou outros pratos. O coandro fresco nunca se cociña porque a calor destrúe totalmente o seu aroma e sabor. Debe conservarse no frigorífico dentro de envases herméticos, procurando consumilo en poucos días, xa que mirra rapidamente. Non debe secarse nin conxelarse porque perde o aroma.

En Panamá, o seu uso é básico na cociña tradicional, empregadas en sopas, carnes e guisos.

En Colombia, emprégase amplamente na preparación de sopas, ensaladas e puré de aguacate (tamén coñecido nese país como guacamole); aderezos con chile, entre outros usos. Hai dúas variedades que conservan o mismo sabor, a que se sementa en clima temperado cunhas follas grandes e claras e a de clima frío, máis verde e con follas moi finas.

En Perú, esta herba coñécese como culantro, e úsase para preparar unha das comidas máis típicas: o arroz con polo. Tamén se utiliza para preparar o uchucuta (salsa para guisos feito desta especia combinada con chile).

En Honduras tamén se coñece como culantro, e é utilizado en diferentes acompañantes, como pode ser o chimol ou salsa caseira mexicana (tomate, pemento verde, cebola e o coandro; ou para realzar o sabor dos prebes ou outras gornicións.

En Cuba utilízase para aderezar a popular potaxe de feixóns negros, e algúns preparados con carne e polo.

En México o seu uso é moi extenso, utilízase na preparación de diversas salsas e moles, como saborizante en sopas e caldos, e fresco e picado como aderezo de diferentes tipos de tacos e antojitos.

En Guatemala, Costa Rica e outros países de América Central, coñecese como culantro ou cilantro e utilízase frecuentemente para proporcionar sabor ás sopas ou caldos, agregándose a estes unha ramiña —incluíndo a raíz e as follas— xusto antes de retiralos da cociña.

En Canarias é moi popular o uso das follas frescas en mollos que acompañan tanto carnes como peixes.

En Chile utilízase na salsa pebre e nas cazuelas.

En Paraguai coñécese en guaraní como kuratu. Emprégase fresco nunha gran variedade de preparacións, tales como sopas, guisos, verduras, ensaladas, peixes e aves. Combinado con outras especias aromáticas, emprégase na elaboración de embutidos e chacinados, e en adubos para carnes de cordeiro e de porco. Tamén para darlle un mellor sabor á cervexa no seu proceso de fabricación. Os grans, enteiros ou triturados, utilízanse en carnes asadas, hortalizas recheas, salsa curry e en conservas con vinagre. Un adubo tradicional para conservar carnes consiste nunha mestura de coandro, comiño e vinagre.

En Venezuela considérase un ingrediente fundamental da cociña nacional. É amplamente utilizado na preparación de sopas, guisos, carnes, peixes, ensaladas e salsas, como a famosa guasacaca[5] (salsa preparada a base de aguacate, pemento verde, allo, cebola e coandro). O seu aroma e sabor son moi apreciados na gastronomía venezolana, tanto así, que os venezolanos asocian esta herba á súa cociña autóctona.

Uso da esenciaEditar

A esencia ou aceite esencial de coandro úsase como aromatizante de licores e bebidas dixestivas e en perfumaría.
Tamén se utiliza como complemento nalgúns pratos como sopas e similares.

Uso medicinalEditar

En herboloxía utilízanse os preparados de coriandro polas súas propiedades estimulantes, antiespasmódicas e estomacais.[6]

Debido ás súas propiedades antibactericidas utilízase para combater o mal alento, mastigando as follas. Tamén evita o mal olor das axilas aplicando o xugo extraído das partes brandas da planta sobre elas.[7]

EtimoloxíaEditar

O nome vernáculo "coriandro" en todos os idiomas da Europa Occidental deriva do latín coriandrum e á súa vez do grego antigo κορίαννον (koríannon), de orixe non indoeuropea.[8]

Nome comúnEditar

Coñecido tamén como coendro, cuandrillo, xendro.[9]

NotasEditar

Véxase taménEditar