Vermú

bebida alcólica

O vermú[1] (do francés vermout ou vermouth e estes do alemán wermut, ‘asente’) é unha bebida alcólica que se toma antes do xantar, e que adoita acompañarse dunha comida lixeira ou petisco[2]. Elabórase con viño e aromatízase con substancias vexetais maceradas do xénero Artemisia, cunha graduación alcólica comprendida entre 15° e 20°. Adoita comporse de viño branco, asente e outras substancias amargas.[3] Estes viños son tipicamente europeos, cun aroma característico que lles dá unha elegancia particular para un cóctel ou aperitivo. Xeralmente pódese atopar dous tipos: vermello e branco. O vermú vermello (italiano) é doce; en tanto que o branco (francés) é seco, con maior grao alcólico.

Catro botellas de vermú europeo.
Vermús de diferentes cores.

Historia

editar

Segundo un relato, estas bebidas foron inventadas por Hipócrates, sonado médico e filósofo da antigüidade, nacido o 460 a. C. Puxo a macerar en viño flores de asente e follas de fraxinela (Dictamnus albus) e obtivo o que na Idade Media foi chamado «viño hipocrático» ou, sinxelamente, «viño de herbas».

A partir de finais do século XVIII, coa chegada de nova tecnoloxía, o viño aromatizado entrou nunha nova dimensión de produtividade, na que destacou a experiencia dos pioneiros piemonteses, mais foi en 1838, cando por mérito dos irmáns Luigi e Giuseppe Cora, a preparación do vermú adquiriu un carácter industrial.

Co paso do tempo a palabra adquiriu tamén un sentido xenérico para definir o aperitivo –calquera bebida cuns petiscos– previo á comida. De aquí provén a expresión «quedamos para tomar o vermú?».[4]

Composición e elaboración

editar

O vermú vermello está composto por máis de 40 extractos de herbas, raíces, flores, especias e froitas. Todas estas esencias mestúranse cun pouco  alcol no tamburo, un recipiente que dá dúas voltas ao día durante dúas semanas. Tras este proceso engádese o viño e o azucre e déixase repousar.[5] A composición máis común inclúe:

Produtores de vermú

editar
  • Bellardi
  • Campari
  • Cinzano
  • Las Endrinas
  • Martínez Lacuesta
  • Martini
  • Yzaguirre
  • Mirou
  • Valentín Pascual
  • Vermut Zarro, o vermú de Madrid
  • Zecchini
  • Medvsa-Tarragona
  • Vermouth Perdón-León
  • Petroni
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vermú.
  2. Definición en Dicionario de alimentación e restauración, VV.AA. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. vermut, Diccionario Panhispánico de Dudas: «vermú.
  4. Muy Interesante. "¿Cuál es el origen del vermú?". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2010. Consultado o 27 de decembro de 2009. 
  5. Nines Mínguez (marzo de 2010). "La hora del vermú". Muy interesante (346): 88. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar