O Sistema de classificación APG II, sucesor do Sistema APG de 1998, é un sistema para a clasificación das anxiospermas – segundo criterios filoxenéticos -, publicado en 2003 por un vasto grupo de investigadores que se autodenominou "APG II" (do inglés Angiosperm Phylogeny Group, Grupo para a Filoxenia das Anxiospermas). No 2009 publicouse o seu sucesor, o APG III.

Clasificación APG II (en inglés)

Este sistema de clasificación das anxiospermas é marcadamente diferente dos anteriores, "tradicionais" e baseados en criterios morfolóxicos. O sistema aínda está en pleno desenvolvemento e evolución, sendo revisado constantemente, pois moitas partes da filoxenia son de coñecemento recente (por exemplo, que Amborella é unha anxiosperma basal) e outros non presentan aínda un posicionamento cladístico concreto.

Como particularidade, este sistema só engloba categorías taxonómicas desde as especies até as ordes, e non caracteriza taxons enriba da orde. Os grupos considerados "categóricamente superiores" son denominados con nomes "informais" ( non suxeitos ao Código Internacional de Nomenclatura Botánica), sendo máis apropiado denominalos de clados en vez de "taxons".

Resumo

editar

O sistema APG II é unha versión atualizada do sistema APG de 1998, atualización motividada polos avances ocorridos en 5 anos no coñecemento sobre a filoxenia das anxiospermas. Isto provocou varias mudanzas na circunscrición familiar e na clasificación, inclusive coa adición dalgunhas novas ordes.

En xeral, o APG adotou unha aproximación conservadora e propuxo só mudanzas no sistema APG 1998 cando había unha evidencia susbstancial que soportase unha revison da clasificación. Así:

  • Recoñecéronse cinco ordes adicionais: Austrobaileyales, Canellales, Celastrales, Crossosomatales e Gunnerales. Estes representan grupos monofiléticos ben sustentados de familias non clasificadas nunha orde no sistema APG'98.
  • A circunscrición das ordes da APG só foron mudadas para engadir un número de familias non clasificadas nunha orde na APG’98, ou foron elevados para incluír grupos irmáns.
  • Ningunha orde da APG foi fundida ou fracionada, e ningunha familia foi transferida dunha orde para outra, agás a familia Oncothecaceae, que foi movida da orde Garryales para euasterídeas I sen atribuír a unha orde.
  • O sistema APG II amosa un mellor coñecemento das relacións entre as ordes e algunhas das familias non clasificadas do que o fai o sistema APG I, ademais son incertas as relacións entre as ordes maiores de monocotiledóneas e eudicotiledóneas nucleares, e parcialmente entre as ordes de rosídeas e asterídeas.
  • Na categoría familia, varias foron recircunscritas (especialmente familias das ordes Asparagales, Malpighiales e Lamiales), porén só cando foi preciso para preservar a monofilia e evitar redundancias taxonómicas. Poucas familias, segundo os coñecementos dispoñibles sobre as relacións entre xéneros, as sinonimias foron restabelecidas. Nalgúns casos, as familias son listadas entre corchetes, indicando a posibilidade de alternar as circunscricións.

* = familia nova (mudada após a clasificación APG);

= orde nova (mudada tras a clasificación APG);

§ = circunscrición nova

As familias en "[...]" son alternativas aceptables e monofiléticas. Poden ser empregadas, opcionalmente, en lugar da definición lato sensu preferida aquí.


Anxiospermas basais

editar

Clado ANITA

editar

Ordes adicionais de anxiospermas basais

editar

Monocotiledóneas basais

editar

Clado Commelinídeas

editar

Ordes e familias

editar

Eudicotiledóneas Núcleo

editar

Son dicotiledóneas con flores tetracíclicas (en xeral : 4-5 sépalos, 4-5 pétalos, 4-10 estames, 2-5 carpelos)

Rosídeas

editar
Ordes e familias
editar
Eurosídeas I
editar
Eurosídeas II
editar

Asterídeas

editar
Ordes e familias
editar
Euasterídeas I
editar
Euasterídeas II
editar

Taxa con posicións incertas (Eudicotiledóneas na maior parte)

editar

Ligazóns externas

editar

Cladograma

editar

O cladograma amosa as relacións, mais exclúe non atribuídos a unha orde