Magnoliales
orde de plantas anxiospermas
Magnoliales | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor de Magnolia × wieseneri | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
sensu Cronquist: | |||||||||
Sinonimia | |||||||||
|
Magnoliales é unha orde de plantas da subclase Magnoliidae, clase Magnoliopsida, división Magnoliophyta (plantas con flores).
No actual sistema APG III 2009 (sucesor de APG II e de APG, coa mesma circunscrición), comprende as 6 familias a seguir:
- Annonaceae, a familia do chirimoio, moi representada e distribuída.
- Degeneriaceae (dúas especies de árbores nas Illas do Pacífico)
- Eupomatiaceae (dúas especies de árbores e arbustos en Nova Guinea e leste de Australia)
- Himantandraceae (dúas especies de árbores e arbustos en zonas tropicais do sueste de Asia e Australia)
- Magnoliaceae (incluíndo Liriodendron, os tulipeiros; e Magnolia, as magnolias)
- Myristicaceae (incluíndo Myristica, os mirísticos ou árbores da noz moscada).
No antigo sistema de Cronquist que foi moi usado nos Estados Unidos comprendía as familias a seguir:
- Magnoliáceas (familia Magnoliaceae).
- Annonáceas (familia Annonaceae).
- Caneláceas (familia Canellaceae).
- Miristicáceas (familia Myristicaceae).
- Winteráceas (familia Winteraceae).
- Degeneriáceas (familia Degeneriaceae).
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Magnoliales |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magnoliales |