Noz moscada
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Magnoliales
Familia: Myristicaceae
Xénero: Myristica
Especies

Ao redor de 100 especies, incluídas:

  • Myristica argentea
  • Myristica fragrans
  • Myristica malabarica

A noz moscada é o froito dun xénero de árbores perennifolios da familia das Myristicaceae, especialmente do xénero Myristica, procedente das Illas das Especias (na actualidade as Illas Molucas en Indonesia).

A noz é, en realidade, a semente da árbore, de forma lixeiramente ovoide, entre 20–30 mm de longo e 15-18 de ancho. Esta semente está cuberta por unha especie de cortiza seca tramada de cor avermellada denominada macis. Tamén se comercializan outros produtos derivados destas árbores, como os aceites esenciais extraídos das oleoresinas e a manteiga de noz.

O froito comercializado máis importante é a noz moscada da mirística, tamén chamada árbore da noz moscada,[1] Myristica fragans, oriúnda das Illas Banda en Indonesia; tamén se cultiva no Caribe, en especial en Granada. Outras especies son a noz moscada papúa Myristica argentea, de Nova Guinea e a noz Bombai Myristica malabarica, da India. Ambas se usan como sucedáneos dos produtos de M. fragans.

Usos culinarios

editar
 
Macis da noz moscada

Tanto a noz como o macis teñen sabores similares, aínda que a noz ten un sabor algo máis doce e fino. O macis utilízase preferentemente en pratos coloridos debido á cor alaranxada que dá, parecido ao azafrán. O froito foi introducido en Europa polos árabes no século XI e xogou un papel importante na gastronomía dalgúns países do leste ata chegado o século XVIII, hoxe en día pódese atopar o seu uso xeneralizado só na cociña holandesa. Na cociña bávara emprégase abundantemente na produción das famosas Weißwurst. pódese dicir que se emprega a noz como o macis úsanse en guisos de patacas e pratos de carnes, aínda que tamén se utilizan para aderezar sopas, salsas e pratos ó forno. Na cociña india emprégase na condimentación dalgúns currys e case exclusivamente en doces.

As variedades xaponesas de po de curry inclúen a noz moscada como ingrediente.

Aceites esenciais

editar

O aceite esencial obtense da destilación da noz moída e é amplamente utilizado na industria farmacéutica e perfumeira. O aceite é incoloro ou lixeiramente amarelado e sabe e cheira a noz. Contén numerosos compoñentes de interese para a industria oleoquímica e utilízase como saborizante alimentario en produtos ó forno, xaropes (por exemplo, Coca Cola), bebidas, doces etc. Substitúe á noz moída xa que non deixa partículas nos alimentos. No seu uso para as industrias cosméticas e farmacéuticas pódese atopar no dentífrico e como principal compoñente dalgúns xaropes para a tose. No medicamento tradicional, a noz e o aceite utilizáronse para tratar enfermidades relacionadas cos sistemas nervioso e dixestivo. A Myristicina é, probablemente, o axente químico responsable dos efectos psicotrópicos do aceite de noz moscada.

Externamente, o aceite utilízase para tratar as dores reumáticos e, do mesmo xeito que o aceite de cravo, pódese aplicar como tratamento de urxencia para mitigar as dores de moas. En Francia utilízase para molestias dixestivas, disolvendo unha pinga en mel.

Manteiga de noz moscada

editar

Esta manteiga é semi-sólida e de cor marrón avermellado, con sabor e cheiro a noz moscada. Aproximadamente o 75% (por peso) dela é trimiristina, que pode converterse en ácido mirístico, un ácido graxo de carbono-14 que se pode utilizar como substituto da manteiga de cacao, pódese mesturar con outras graxas como o aceite de semente de algodón ou o aceite de palma e ten aplicacións como lubricante industrial.

Historia

editar

Dise que os sacerdotes romanos poderían empregar a Noz moscada queimándoa como unha forma de incenso, aínda que esta teoría é controvertida. Sábese que se utilizou como prezada e custosa especia durante a Idade Media. San Teodoro era famoso por permitir aos seus monxes esparexer noz moscada sobre o seu pudin de chícharos. En tempos isabelinos esta especia era tan popular que se cría podía evitar a peste. Os árabes negociaron con ela durante a Idade Media nos prósperos mercados do océano Índico. A finais do século XV, Portugal fíxose cargo deste comercio, incluída a noz moscada, debido ao Tratado de Tordesillas con España e a un tratado por separado co sultán de Ternate. No século XVII, este comercio foi acaparado polos holandeses.

Produción mundial

editar

A produción mundial de noz moscada estímase como media entre 10.000 e 12.000 toneladas por ano cunha demanda anual estimada de 9.000 toneladas. A produción de macís estímase en 1.500 a 2.000 toneladas. Indonesia e Granada dominan a produción e exportan ambos os produtos cun mercado mundial que comparte o 75% e o 20% respectivamente. Outros produtores son: India, Malaisia, Papúa Nova Guinea, Sri Lanka e a illas do Caribe, como San Vicente. Os principais mercados importadores son a Comunidade europea, Estados Unidos, Xapón e a India. Singapur e os Países Baixos son os principais re-exportadores.

Un futuro uso da noz moscada é como insecticida natural para controlar as pragas de insectos que infestan o grande almacenado.

Nun tempo, a noz moscada foi unha das máis valiosas especias. Dise que en Inglaterra, fai varios centos de anos, podíanse vender unhas cantas noces e obter o diñeiro suficiente para permitir a independencia financeira para sempre.

As árbores de noz moscada dan a súa primeira colleita aos 7-9 anos da súa plantación e alcanzan o seu maior potencial colleiteiro aos 20 anos.

Risco e toxicidade

editar

A pequenas doses, a noz moscada non produce efectos perceptibles no organismo. Con todo, a doses altas (10 g. ou máis) convértese nun alucinóxeno de suave ou mediana intensidade producindo efectos visuais e sensacións cómodas parecidas ás da marihuana. Pero existen motivos para que sexa impopular, xa que os efectos duran máis de 24 horas logo da subida inicial (aproximadamente 12 horas logo da súa inxestión) e teñen desagradables efectos secundarios durante todo o proceso, que se estende máis de 36 horas. Tamén pode provocar danos hepáticos se se consome regularmente e en grandes cantidades, ademais de alucinacións, náuseas, deshidratación e dores xeneralizadas, a chamada psicose da noz moscada. En grandes cantidades, (7,5 g. ou máis nunha soa toma) é perigosa, producindo convulsións e palpitacións. O seu consumo excesivo pode, ata, causar a morte. É extremadamente tóxica inxectada de forma intravenosa. No pasado foi utilizada como un abortivo.

  1. Nomes vulgares galegos en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999 e no Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar