Ternate
Ternate | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | Ternate |
País | Indonesia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Molucas |
Linguas | |
Poboación (2009) | 60.000 hab. |
Superficie | 76 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 0°47′N 127°22′L / 0.783, -127.367 |
Maior Altura | 1.715 m Gamalama |
Localización | |
Ternate é unha illa e cidade na provincia de Molucas do Norte, nas Illas Molucas, ao leste de Indonesia. A illa está localizada na costa occidental da illa de Halmahera. Ternate é a cidade máis grande da provincia.
Historia Editar
Ata a colonización neerlandesa do século XIX, os sultáns de Ternate mandaban un imperio que se estendía desde as Célebes ("Sulawesi") a Papúa. O principal competidor era o próximo sultanato de Tidore.
Os primeiros europeos en chegar a Ternate foron os que formaban parte da expedición portuguesa de Francisco Serrão na que tamén viaxaba Fernão de Magalhães que posteriormente intetaría chegar a este mesmo lugar viaxando polo oeste. Esta expedición afundiu preto de Ceram. O sultán de Ternate, pensando que podería aproveitarse do poderío militar portugués, levou á expedición á súa illa e permitiu aos portugueses construír unha fortaleza (1512).
Cando a expedición española comandada por García Jofre de Loaisa chegou ás Molucas en 1526 e creou un forte na próxima illa de Tidore, Portugal atácaa desde o seu en Ternate. En 1575 o sultán expulsa aos portugueses do forte.
En 1606, forzas españolas capturan o forte, deportando ao sultán a Manila. En 1607 os holandeses constrúen outro forte na illa, Malaio. En 1663 os españois son expulsados.
En 1999 e 2000 Ternate sufriu violencia relixiosa entre cristiáns e musulmáns.