Ericales
Ericales | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Impatiens parviflora | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
As Ericales son unha orde de plantas leñosas que medran en solos pobres ou acedos. Acostuman formar micorrizas, ás veces perden a clorofila (monotropa). Flores hermafroditas, xeralmente cigomorfas; corolas simpétalas (agás Clethraceae, con catro pétalos ceibos, forma unha ponte con Theales); androceo con dous verticilos ceibos da corola, soldados a un disco do receptáculo; anteras poricidas, con tendencia á formación de cornos na parte basal; liberación do pole en tétrades (agás Clethraceae); principalmente entomófilas (ás veces anemófilas). Xineceo súpero, con carpelos parcialmente fechados, placentación central parietal.
Pertencen ao clado Eudicotyledoneae do sistema APG III. As familias a seguir son típicas de clasificacións recentes.
- Actinidiaceae (familia do kiwi)
- Balsaminaceae
- Clethraceae
- Cyrillaceae
- Diapensiaceae
- Ebenaceae (familia do ébano)
- Ericaceae (familia das uces ou carrouchas, as queiroas, os rododendros, as azaleas, as arandeiras e os érbedos. Importante na vexetación galega).
- Fouquieriaceae
- Lecythidaceae
- Maesaceae
- Marcgraviaceae
- Mitrastemonaceae
- Myrsinaceae
- Pellicieraceae
- Pentaphylacaceae
- Polemoniaceae
- Primulaceae
- Roridulaceae
- Sapotaceae (familia do zapoticeiro)
- Sarraceniaceae
- Sladeniaceae
- Styracaceae
- Symplocaceae
- Ternstroemiaceae
- Tetrameristaceae
- Theaceae (familia do té e das camelias)
- Theophrastaceae
Estas compoñen o grupo basal de asteridas. No sistema de Cronquist, as Ericales inclúen un grupo menor de plantas, postas entre as Dilleniidae:
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ericales |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ericales |