Abrir o menú principal

Casca con fendas usadas para a extracción do látex en Quintana Roo, México.

A Manilkara zapota é unha árbore tropical da familia das sapotáceas ( antes chamado Sapota zapotilla ou Achras zapota ) orixinario de México, América central e América do Sur tropical. Foi introducido nas Filipinas durante a colonización española. Desde entón, difundiuse por Asia e crece en grandes cantidades na India, Tailandia, Malasia, Camboxa, Indonesia o Bangladesh, lugares onde o froito é moi popular e coñécese como chikoo.

Polo seu sabor doce e aromático, numerosos pobos amerindios utilizaban o seu látex, coñecido como chicle ( do náhuatl tzictli ) [3], para mascar. De feito, até hai relativamente pouco tempo utilizábase aínda esta saiba como material para facer as gomas de mascar.

RecollaEditar

O proceso da colleita do chicle aseméllase moito á que se usaba para a extracción do caucho da Hevea brasiliensis. Entre xullo e febreiro, na estación chuviosa, o toro da árbore márcase de mañá cedo con fendas de machado pouco fondas e en zigzag, para que a saiba abrolle polos cortes e se deposite en saquetiños colocados a ese efecto; á tarde, os chicleros apañan o quilogramo e medio (aproximadamente) de saiba que abrollou e o transportan a plantas de procesamento.

A M. zapota non se explota até cumprir os 25 anos, e, xa que escarifica os cortes antigos, só poden drenarse de cada árbore unha vez cada dous ou tres anos. A demanda da goma de mascar medrou enormemente ao longo do século pasado, o que conduciu á utilización doutras especies parecidas (M. bidentata ou Mimusops globosa).

FroitoEditar

 
Muller de Mysore (India), cun queipo cheo de chicozapotes, froito da árbore do chicle. A árbore é orixinaria das rexións tropicais de América central.

A M. zapota cultívase tamén polo seu froito comestíbel, semellante á ameixa. A polpa é parda, translúcida e moi doce. En México, esta froita é comercializada con dous nomes: chicozapote e chupeta, palabra esta última que provén do náhuatl e significa zapote de mel, precisamente por ser o más doce dos froitos que producen as árbores da familia das sapotáceas. En Guatemala tamén se cultiva con este último nome e se comercializa amplamente por todo o territorio guatemalteco. Úsase incluso a súa madeira para elaborar enfeites artesanais e esculturas con formas moi diversas: ruínas maias, tatús, xaguares, tucanos etc.[4] En Venezuela chámanlle zapote.

IndustrializaciónEditar

O mexicano do século XIX Antonio López de Santa Anna, exiliouse nos Estados Unidos. Mentres vivía en Staten Island, Nova York, mercou un cargamento de goma de mascar natural, e un coñecido del, o industrial e inventor Thomas Adams concibiu o proxecto de utilizar o material coma substituto do caucho, que acadaba prezos estratosféricos para a época.

Porén a resina da M. zapota era demasiado branda para ese fin, e Adams perdeu grandes cantidades de diñeiro no proceso, logo de intentar fabricar con ela pneumáticos de bicicleta, xoguetes, botas de chuvia e máscaras. A adicción do xeneral López de Santa Anna a mascar o material suxeriulle a idea de comercializalo coma substituto da parafina, que a mocidade usaba para mascar daquela. En 1869 obtivo unha patente para a goma de mascar, e dous anos despois comezou a comercializala en masa baixo a marca Adams New York Chewing Gum. En 1875 tivo a idea de mesturar o produto con xarope de pradairo e regalicia para darlle sabor.

O sabor de menta, tan popular actualmente, non se introduciu até 1880; nese ano, William White fabricou a primeira goma con ese sabor baixo a marca Yucatán.

NotasEditar

  1. Sinónimos en Tropicos
  2. Sinónimos en Catalogue of life
  3. Enciso, Angélica (18 de xaneiro de 2007). "Chicle, el blanco jugo de la selva". La Jornada. Consultado o 6 de xaneiro de 2011. 
  4. Montemayor, Carlos: "Notas sobre nahuatlismos", en La Jornada, 3 de xullo de 2007.

Véaxse taménEditar

Ligazóns externasEditar