Quintana Roo
Coordenadas: 19°36′N 87°55′O / 19.600, -87.917
Quintana Roo (oficialmente en castelán: Estado Libre y Soberano de Quintana Roo) é un dos 31 estados do México. Divídese en 11 concellos e a súa capital é a cidade de Chetumal. Quintana Roo atópase na parte leste da península do Iucatán e limita cos estados de Campeche polo oeste e do Iucatán polo noroeste, así como cos distritos de Orange Walk e Corozal de Belize polo sur. Como o estado máis oriental de México, Quintana Roo ten costa polo leste no Mar Caribe e polo norte co Golfo de México. No pasado, o estado abranguía 44.705 km2 e compartía unha pequena fronteira con Guatemala no suroeste do estado.[4][5] Porén, en 2013, a Suprema Corte de Xustiza da Nación de México resolveu o conflito limítrofe entre Quintana Roo, Campeche e o Iucatán derivada da creación do concello de Calakmul por Campeche en 1997, poñéndose do lado de Campeche e beneficiando así ó Iucatán.[6]
Quintana Roo | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Chetumal | ||
• Poboación | 151 243 hab. (2010) | ||
Forma de goberno | Estado | ||
Gobernador | Carlos Joaquín González | ||
8 de outubro de 1974[1] | |||
Superficie | Posto 19 de 31º | ||
• Total | 34.205[2] km² | ||
Poboación | Posto 26 de 31º | ||
• Total | 1.501.562 (2015)[3] hab. | ||
• Densidade | 44 hab./km² | ||
Xentilicio | Quintanarroense | ||
Fuso horario | UTC-5 | ||
Dominio de Internet | .mx | ||
Código ISO | MX-ROO | ||
Quintana Roo é o estado da cidade de Cancún, as illas de Cozumel e Illa Mujeres, e as vilas de Bacalar, Playa del Carmen e Akumal, así como as ruínas maias de Chacchoben, Cobá, Kohunlich, Muyil, Tulum, Xel-Há e Xcaret. A reserva da biosfera de Sian Ka'an tamén se atopa neste estado.
NotasEditar
- ↑ "Poder Legislativo del Estado de Quintana Roo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de outubro de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2019.
- ↑ Cuentame INEGI (ed.). "Resumen". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
- ↑ "Encuesta Intercensal 2015" (PDF). Consultado o 8 de decembro de 2015.
- ↑ "Controversia Constitucional: Estado de Quintana Roo Vs. Estado de Yucatán (3 de Mayo de 1997)". Suprema Corte de Justicia de la Nacion. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2011. Consultado o 6 de abril de 2011.
- ↑ Notisureste (ed.). "Campeche insiste en que Quintana Roo le invadió terreno". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 6 de abril de 2011.
- ↑ El Economista (ed.). "Renuncia Quintana Roo a conflicto limítrofe con Campeche". Consultado o 7 de decembro de 2017.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |