Estado do Iucatán

estado de México

Coordenadas: 20°50′N 89°0′O / 20.833, -89.000

O Iucatán[6] (en castelán: Yucatán; oficialmente Estado Libre y Soberano de Yucatán; en maia iucateco: Xóot' Noj Lu'umil Yúukatan) é un dos 31 estados de México, que xunto con Cidade de México, conforman as 32 entidades federais de México. A súa capital é Mérida e ten 106 concellos. Atópase no norte da península do Iucatán, facendo límite cos estados mexicanos de Campeche ao suroeste; e Quintana Roo ao sueste, o cal foi, até inicios do século XX, parte do estado do Iucatán. Ao norte ten o Golfo de México.

Iucatán
Bandeira do Iucatán
Bandeira do Iucatán
Escudo do Iucatán
Escudo do Iucatán
BandeiraEscudo
Estado México
CapitalMérida
 • Poboación892 363 hab. (2015)
Forma de gobernoEstado
Gobernador
Mauricio Vila Dosal
23 de decembro de 1883[1][2]
SuperficiePosto 20 de 31º
 • Total39.524[3] km²
PoboaciónPosto 21 de 31º
 • Total2.097.175 (2015)[4] hab.
 • Densidade53 hab./km²
XentilicioIucateco, -a[5]
Fuso horarioUTC-6
 • Horario de veránUTC-5
Dominio de Internet.mx
Código ISOMX-YUC

Antes da chegada dos conquistadores españois á península do Iucatán, o nome da rexión era Mayab.[7] Na lingua maia, "ma' ya'ab" tradúcese como "uns poucos". Foi unha rexión moi importante da civilización maia, onde chegou ó seu máximo esplendor, e onde se fundaron as cidades de Chichén Itzá, Izamal, Motul, Mayapan, Ek' Balam e Ichcaanzihóo (tamén chamada T'ho), no presente Mérida.[8]

Logo da conquista do Iucatán, a península foi unha única entidade política e administrativa, a Capitanía Xeneral do Iucatán. Despois da inpendencia e a ruptura do Imperio Mexicano en 1823, proclamouse a primeira República do Iucatán, que despois se anexionou voluntariamente á República Federal dos Estados Unidos Mexicanos o 21 de decembro de 1823.[1] O 16 de marzo de 1841, como resultado dun conflito político e cultural co pacto federal, o Iucatán declarou a súa independencia de México, formando a segunda República do Iucatán. Posteriormente, o 14 de xullo de 1848, o Iucatán foi forzado a unirse de novo a México. En 1858, a mediados da guerra de castas, o estado do Iucatán foi dividido por primeira vez, estabelecéndose Campeche como un estado separado (oficialmente en 1863). Durante o Porfiriato, en 1902, o estado do Iucatán foi dividido de novo para formar o territorio federal que se convertería no estado actual de Quintana Roo.[9]

No 2010, o Iucatán foi considerado o estado máis seguro de México[10][11] e Mérida foi recoñecida como Cidade da Paz en 2011.[12][13]

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 "Las Diputaciones Provinciales" (PDF) (en castelán). p. 15. 
  2. Nettie Lee Benson; Colegio de México. Centro de Estudios Históricos; Universidad Nacional Autónoma de México (1994). UNAM, ed. La diputación provincial y el federalismo mexicano. pp. 227–. ISBN 978-968-12-0586-7. Consultado o 20 de febreiro de 2011. 
  3. Cuentame INEGI (ed.). "Resumen". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2013. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 
  4. "Encuesta Intercensal 2015" (PDF). Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  5. "iucateco". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maia.
  7. de San Buenaventura, Joseph (1994). Historias de la conquista del Mayab, 1511–1697. p. 183. ISBN 968-6843-59-0. 
  8. (Molina Solís 1896, p. 33)
  9. Casares G. Cantón, Raúl; Duch Colell, Juan; Zavala Vallado, Slvio et ál (1998). Yucatán en el tiempo. Mérida, Iucatán. ISBN 970-9071-04-1. 
  10. Punto Medio (ed.). "Yucatán, el Estado más seguro del país". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  11. Grupo Sipse (ed.). "Confirman a Yucatán como estado más seguro". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 10 de abril de 2010. 
  12. Vanguardia (ed.). "Declararán a Mérida ciudad de la paz". Consultado o 10 de abril de 2010. 
  13. Diario de Yucatán (ed.). "Aprovecha Mérida nombramiento de 'Ciudad de la Paz' para atraer inversiones". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2010. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.