Estado de Campeche

Campeche é un dos 31 estados mexicanos. Atópase no sueste da Federación, no oeste da península do Iucatán. Limita cos estados do Iucatán polo nordeste, Quintana Roo polo leste, Tabasco polo suroeste, e máis con Guatemala polo sur e Belize polo sueste. Polo oeste ten o golfo de México. A súa área é de 57.924 km²,[3] e a súa poboación de 822.441 habitantes (2010).[4] A capital do estado é a cidade de San Francisco de Campeche, sendo tamén a máis grande. Dende o punto de vista físico, Campeche atópase nunha posición de transición entre a selva tropical do Petén guatemalteco e a selva baixa caducifolia do extremo norte da península do Iucatán.

Campeche
Estado Libre y Soberano de Campeche
Bandeira de Campeche
Escudo de Campeche
BandeiraEscudo
Campeche in Mexico.svg
Himno: Himno Campechano
EstadoFlag of Mexico.svg México
CapitalSan Francisco de Campeche
 • Poboación220 389 hab. (2010)
Cidade máis poboadaSan Francisco de Campeche
Forma de gobernoEstado federado
Alejandro Moreno Cárdenas (PRI)
Creación29 de abril de 1863[1]
SuperficiePosto 18º
 • Total57 924 km²
PoboaciónPosto 30º
 • Total899 931 (2015) hab.
 • Densidade15,5 hab./km²
XentilicioCampechano
Fuso horarioUTC-6
Código ISOMX-CAM[2]

ToponimiaEditar

Existen diversas teorías acerca da orixe da palabra Campeche, por exemplo que podería vir do maia iucateca can pech, "cobra e carracha".[5]

Outros indican que Campeche deriva das palabras kin que significa "sol" e pech, como xa se indicou, "carracha". Algúns supoñen que a este nome (kin pech) se lle pode agregar o prefixo ah que quere dicir "lugar" e en conxunto significaría "lugar do señor sol carracha".[5]

NotasEditar

  1. "SEP". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2011. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  2. Statoids. "Mexico States". Consultado o 19 de agosto de 2012. 
  3. Cuentame INEGI (ed.). "Resumen". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  4. Instituto Nacional de Estadística y Geografía, ed. (2010). "Principales resultados por localidad 2010 (ITER) - Campeche". Arquivado dende o orixinal (XLS) o 22 de novembro de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Barrera Vázquez, Alfredo; et ál. (1980). Cordemex, ed. Diccionario Maya - Español - Maya. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.