A escarificación[1] ou cicatrización[2] é unha forma de modificación do corpo, na que un deseño ou patrón é cortado, gravado ou rascado na pel humana para facer unha cicatriz permanente. Do mesmo xeito que coa maioría das modificacións do corpo, hai moitas razóns polas que a xente opta por ser escarificada. O acto de escarificar comparouse coa tatuaxe debido ao feito de que cambia permanentemente a pel. Tamén se identificou coa autolesión porque algunha xente o utilizou para cubrir as feridas autoinflixidas.[3]

Unha muller de Etiopía con cicatrices queloides e un enorme tapón labial.

A escarificación comezou como identificación cultural nalgúns lugares, especialmente en sociedades maorís e africanas.[4] Outras culturas poden usalo por motivos relixiosos, e case todas as culturas utilízano por motivos estéticos. Algunhas persoas tamén usan a escarificación por pracer, xa que o proceso de escarificación crea endorfinas.

Notas editar

  1. "Dicionario; escarificar". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-25. 
  2. "Dicionario; cicatrización". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-25. 
  3. "Self-harm coverups". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2022. 
  4. "tvtabooscars". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • Modificación corporal
  • Tatuaxe
  • Auto-mutilación