Ébano
Ébano | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
O ébano (Diospyrus ebenum) é unha árbore asiática do xénero Diospyrus, da familia das ebenáceas propia de zonas tropicais caracterizado por ter o tronco groso, copa ancha, froitos en forma de baga e madeira de cor negra, moi dura e resistente[1]
Fornece unha madeira do mesmo nome dura e máis ou menos escura, empregada en ebanistaría[2].
Por extensión falamos da cor ébano cando queremos falar da cor negra, intensa e brillante.
Etimoloxía
editarO termo galego-portugués ébano vén do latín ebĕnus, e este do grego ἔβενος. A palabra ebanista/ebanistaría ten a orixe na persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas.
Descrición
editarÉ unha árbore moi vizosa que pode acadar os 10 ou 12 m de altura. Ten follas miúdas e polo xeral é moi espiñenta; cada espiño pode chegar a medir 2 cm de longo. Acada o seu pleno crecemento en 5 a 6 anos, posúe talos moi grosos e o seu toro úsase en ebanistaría polo duro da madeira (de feito o temo ebanista vén da persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas). Produce un froito en forma de vaíña comestíbel que garda no seu interior de 6 a 12 sementes chamadas maguacatas ou mahuacatas. Estas son de cor café escuro cando están maduras. As vaíñas cando están ben chegadas caen da árbore e espallan as sementes polo chan permitindo a xerminación das mesmas. A semente cómese torrada, ten un sabor semellante ao pistacho. Noutrora usábanse coma laxantes naturais ao consumilas verdes.
Distribución
editarÉ orixinaria da India e de Sri Lanka. Esta árbore está en risco extremo de se extinguir pola desforestación por parte dos campesiños para produción agrícola e uso da madeira.
Especies relacionadas
editarOutra especie do mesmo xénero Diospyros crassiflora, o ébano de Gabón, (nativo do oeste de África), produce unha madeira semellante e de calidade tamén chamada de ébano. Esta especie africana é chamada “mpingo” en África Oriental, e “zebrawood” en Suráfrica: Dalbergia melanoxylon[3]. Outra especie tamén coñecida como ébano é Diospyros virginiana, americana e con plantacións no estado de Tamaulipas e Nuevo León en México, e ao Sur de Texas, nos Estados Unidos; porén esta última dá unha madeira de peor calidade. A especie Diospyros digyna é un parente achegado do ébano; de madeira tamén case negra e moi densa.
Madeira de ébano
editarA madeira de ébano ten unha densidade aproximada de 1,5 t/m³ no momento da talla; posteriormente, cando seca, redúcese a 1,35 t/m³, máis de tres veces a densidade da madeira de piñeiro e máis de dúas veces a densidade da teca (Tectona grandis). É unha das madeiras máis duras e pesadas do mundo (non aboia na auga).
O ébano ten unha atractiva cor café escura con veas negras, que son predominantes e o seu aspecto é case negro. Atópase en preto de vinte países de África, dentro do triángulo comprendido entre Sudán, Angolae o Cabo Oriental en Suráfrica. Na maioría dos lugares medra coma un arbusto. Só medra coma árbore en certas partes do Mozambique, Tanzania, Zambia, e a República Democrática do Congo.
Os grandes toros poden acadar un diámetro de 6 dm; un tronco curto pesa entre 800-1000 kg. Troncos deste tamaño son escasos, pois se necesitan máis de 200 anos para lograr ditas dimensións. Esta madeira é un estándar para a fabricación de instrumentos de vento (clarinetes, óboes, cornos ingleses) e para múltiples partes de instrumentos de corda (diapasóns, clavecín e cordais de violíns, violoncello, contrabaixos etc.)
A súa valiosa madeira tamén se utiliza para a fabricación de mobles finos.
Taxonomía
editarDiospyros ebenum foi descrita por J.Koenig ex Retz. e publicado en Physiographiska Sälskapets Handlingar 1: 176. 1776.[4]
- Etimoloxía científica
Diospyros: nome xenérico que provén de (διόσπυρον) do grego Διός "de Zeus" e πυρός "gran", "trigo" polo que significa orixinalmente "gran ou froito de Zeus". Os autores da Antigüidade usaron o vocábulo con sentidos diversos: Teofrasto menciona un diósp¯yros –unha árbore con pequenos froitos comestíbeis de carabuña dura–, o que segundo semella é o lodoeiro (Celtis australis L., ulmáceas), e Plinio o Vello (27.98) e Dioscorides usárono con outro nome grego lithóspermon, de líthos = pedra e spérma = semente, e que habitualmente se identifica co Lithospermum officinale L. (boragináceas). Carl von Linné colleu o nome xenérico de Dalechamps, quen chamou ao Diospyros lotus "Diospyros sive Faba Graeca, latifolia".[5][6]
ebenum: epíteto latino que significa "de ébano".[7]
- Diospyros assimilis Bedd.
- Diospyros ebenaster Retz.
- Diospyros glaberrima Rottler
- Diospyros laurifolia A.Rich.
- Diospyros melanoxylon Willd.
- Diospyros membranacea A.DC.
- Diospyros reticulata var. timoriana A.DC.
- Diospyros timoriana (A.DC.) Miq.[8]
Notas
editar- ↑ "Definición da palabra: ébano". Portal das Palabras. Consultado o 2020-02-07.
- ↑ Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999
- ↑ Distribución en Tropicos
- ↑ "Ébano". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de xaneiro de 2014.
- ↑ Michael L. Charters, California Plant Names: Latin and Greek Meanings and Derivations - A Dictionary of Botanical and Biographical Etymology
- ↑ "Diospyros en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ "Ébano en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Ébano |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ébano |
Bibliografía
editar- Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. Fl. N. Amer. 8: i–xxiv, 1–585.
- Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
- ORSTOM. 1988. List Vasc. Pl. Gabon Herbier National du Gabon, Yaounde.
- Wunderlin, R. P. 1998. Guide Vasc. Pl. Florida i–x, 1–806. University Press of Florida, Gainesville.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- [1]
- cites.org Para as especies aceptadas como en risco de extinción e con restrición de mercados