Zambia
Coordenadas: 15°S 30°L / -15, -30
Zambia[1][2] é un país interior de África, limitado ao norte coa República Democrática do Congo e Tanzania; ao leste co Malaui; ao sur co Mozambique, Cimbabue, Namibia e Botswana; e ao oeste con Angola.
República de Zambia | |||
---|---|---|---|
Republic of Zambia | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: “One Zambia, One Nation” (inglés: «Unha Zambia, Unha Nación») | |||
Capital • Poboación | Lusaka 1 640 000 (2000) | ||
Cidade máis poboada | Lusaka | ||
Linguas oficiais | Inglés1 | ||
Forma de goberno | República presidencialista | ||
Presidente Vicepresidenta | Hakainde Hichilema Mutale Nalumango | ||
Independencia do Reino Unido | 24 de outubro de 1964 | ||
Superficie | Posto 38º | ||
• Total | 752 614 km² | ||
• % auga | 1 | ||
Fronteiras | 5 664 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 81º | ||
• Total (2003) | 9 582 418 hab. | ||
• Densidade | 13 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 136º | ||
• Total (2005) | 10 568 mill. US$ | ||
• per cápita | 911 US$ | ||
Moeda | Kwacha zambiano (ZMK ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | Zambiano, zambiana[1] | ||
Fuso horario | UTC+2 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .zm | ||
Prefixo telefónico | +260 | ||
Prefixo radiofónico | 9IA-9JZ | ||
Código ISO | 894 / ZMB / ZM | ||
Membro de: Commonwealth, ONU, UA | |||
Historia Editar
Visitada polos portugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británico David Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano 1890, por medio da British South Africa Company.
Antigamente chamada Rodesia do Norte, en 1953 o Reino Unido intentou unila á Cimbabue e Malaui, pero os intereses dos colonos brancos de Cimbabue fixeron que en 1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese ó río Zambeze.
Goberno e Política Editar
Zambia é unha república, na que o poder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elixido por un período de cinco anos por voto popular, xunto co vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente. O goberno está composto por un gabinete elixido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional. O poder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdición da Corte Internacional de Xustiza. O poder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.
Economía Editar
- Artigo principal: Economía de Zambia.
A economía depende, en gran medida, do cobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros produtores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinto de cobre", prolongación dos xacementos de Katanga. O petróleo é importado e chega desde o porto de Dar es Salaam (Tanzania). Dentro do sector industrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a produción de cemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas do algodón, azucre, xabón etc.
A agricultura atópase pouco desenvolta, centrándose basicamente nos cultivos de subsistencia: batata, cacahuetes, millo e mandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón, café, cana de azucre, tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase a pesca.
O turismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.
Organización político-administrativa Editar
Zambia divídese en nove provincias | ||
---|---|---|
Provincias de Zambia |
|
Xeografía Editar
Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que dá nome ó país. A altitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o Kafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-suroeste, esténdense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.
Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as cataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.
O clima é tropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).
Demografía Editar
A poboación zambiana concéntrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, onde se emprazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.
No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o inglés. A esperanza de vida é de 40 anos. A media de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada có virus do VIH.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zambiano.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 119. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zambia |